Instrucións para...
Os textos instrutivos
Os textos instrutivos presentan indicacións para realizar unha actividade ou ensinar algo á persoa destinataria; forman parte dos textos prescritivos e normativos (regras, normas, leis, indicacións, instrucións, pasos a seguir...). A súa finalidade é didáctica polo tanto é necesario que sexan claros, sinxelos e precisos; por iso moitas veces, no caso de textos instrutivos escritos, incorporan imaxes, gráficas, mapas, infografías… que apoian, clarifican e completan a información que dá o texto.
Os textos instrutivos máis comúns teñen que ver coa vida cotiá: instrucións para aprender a utilizar un electrodoméstico, para facer unha comida a través dunha receita de cociña, para medicarse, para desenvolver un xogo, para realizar tarefas sinaladas polas persoas docentes, etc.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial 4.0