Saltar navegación

A creación poética

son poeta porque me peta!

A creación é un acto individual que precisa de introspección, un estado mental... Necesita unha reflexión individual. Pódese reescribir o xa escrito. A mellor maneira é lendo o que outros escribiron.

Apréndese facendo!

  • Podes aprender a escribir, escribindo.
  • Podes reescribir o que outras e outros escribiran antes.
  • Podes ser orixinal e comunicar dun xeito libre.
  • Podes experimentar coa lingua.
  • Debes tomar conciencia do que é e do que non é linguaxe poética.
  • Debes enriquecer o teu léxico con palabras novas.
  • Debes enriquecer o teu pensamento con significados novos para palabras vellas.
  • Aprenderás a expresarte mellor.
  • Estimularás a sensibilidade e a creatividade.
  • Comprenderás que para escribir primeiro é preciso ler.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)