Indicacións
INDICACIÓNS PARA A RECENSIÓN EN VÍDEO (booktube) DE ENSAIO
1. Le comprensivamente a rúbrica de avaliación, para saber que aspectos serán avaliados e como debes facer a gravación.
2. Prepara un guión previo, pero non teñas nada contigo, salvo o propio libro de lectura.
3. Sitúa o móbil a unha distancia suficiente como para que non teñas nada cerca túa que poidas ler.
4. Realiza unha gravación (5 minutos) procurando que non haxa interveferencias, pois non debes interromper nin dividir en partes esa gravación.
5. O teu discurso, o que digas, debe seguir unha orde, debe ter unha estrutura, a partir deste guión:
- Introdución. Contextualización da obra
- Información arredor do autor/autora e do momento en que foi escrita
- Desenvolvemento. Análise da obra
- Partes en que se divide a obra (Breve explicación de cada parte)
- Emisor/a (exemplificado con algunha cita do texto)
- Destinatarios/as (breve xustificación)
- Estrutura interna (hipótese, argumentación e tese final)
- Asunto central da obra. Temas e subtemas.
- Crítica e propostas
- Conclusión. Interpretación da obra
- Importancia do que conta
- Relación coa realidade
- Interese para o/a lector/
IMPORTANTE: En caso de mostrar evidencias de non ter lido a obra, a avaliación será SEN FACER (0)