PRESENTACIÓN | A presentación do texto respecta todas as indicacións dadas pola persoa docente (tipo de texto, extensión, data de entrega) e todas as indicacións sobre a presentación de documentos recollidas no Caderno TIL. (0.5) (0.50) | A presentación do texto respecta todas as indicacións dadas pola persoa docente (tipo de texto, extensión, data de entrega) e as indicacións sobre a presentación de documentos recollidas no Caderno TIL, agás 1-2. (0.4) (0.40) | A presentación do texto non respecta 3-4 das indicacións dadas pola persoa docente (tipo de texto, extensión, data de entrega) e/ou das indicacións sobre a presentación de documentos recollidas no Caderno TIL. (0.3) (0.30) | A presentación do texto non respecta 5 das indicacións dadas pola persoa docente (tipo de texto, extensión, data de entrega) e/ou das indicacións sobre a presentación de documentos recollidas no Caderno TIL. (0.2) (0.20) | A presentación do texto non respecta máis de 5 das indicacións dadas pola persoa docente (tipo de texto, extensión, data de entrega) e/ou das indicacións sobre a presentación de documentos recollidas no Caderno TIL. (0.1) (0.10) |
---|
ADECUACIÓN E RIQUEZA LÉXICA | O texto responde á tarefa solicitada de xeito moi apropiado, acorde coa situación formal en que é solicitado, mostrando un moi bo manexo dos rexistros da lingua. Evítanse por un lado trazos espontáneos propios da oralidade, por outro un estilo afectado, así como expresións previsibles. Non presenta caídas de rexistro. Presenta unha moi boa escolla lexical, evitando palabras comodín, repeticións ou coloquialismos. Evita ademais a orixinalidade gratuíta. Sérvese dun léxico rico e preciso. (2) (2) | O texto responde á tarefa solicitada de xeito apropiado, acorde coa situación formal en que é solicitado. Evítanse por un lado trazos espontáneos, por outro un estilo afectado, así como expresións previsibles. Non presenta caídas de rexistro. Presenta unha boa escolla lexical, evitando palabras comodín, repeticións ou coloquialismos. Sérvese dun léxico rico e preciso. (1.5) (1.5) | O texto responde á tarefa solicitada de xeito apropiado, acorde coa situación formal en que é solicitado. Evítanse por trazos espontáneos e expresións previsibles. Non presenta caídas de rexistro. Presenta unha boa escolla lexical, evitando palabras comodín, repeticións ou coloquialismos. Sérvese dun léxico preciso. (1.25) (1.25) | O texto é acorde coa situación formal en que é solicitado e o léxico é apropiado aínda que pouco preciso. Só se aparta do esperado en 1-2 ocasións con algunha caída de rexistro ou algunha palabra comodín, ou algunha repetición ou algún coloquialismo. (1) (1) | O texto non responde ao rexistro formal e presenta máis de 2 caídas de rexistro e/ou pobreza léxica. (0.5) (0.5) |
---|
CONSTRUCIÓN. COHERENCIA E COHESIÓN | Evidénciase unha excelente capacidade para responder ao solicitado a través da organización do texto creado respectando a estrutura e a intención do xénero discursivo requirido. A información organízase en parágrafos ao servizo da estrutura textual, o que permite a progresión informativa e a continuidade temática, que dan sentido ao texto. Empréganse parágrafos ben elaborados, que evidencian un bo manexo dos recursos cohesivos, tanto gramaticais como léxicos, evitando as repeticións e servíndose de conectores variados e dun adecuado emprego dos signos de puntuación. (2.5) (2.5) | Evidénciase unha boa capacidade para responder ao solicitado a través da organización do texto respectando a estrutura e a intención do xénero discursivo requirido. A información organízase en parágrafos ao servizo da estrutura textual, o que permite a progresión informativa e a continuidade temática. Empréganse parágrafos ben elaborados, que evidencian un bo manexo dos recursos cohesivos, tanto gramaticais como léxicos, evitando as repeticións e servíndose de conectores variados e dun adecuado emprego dos signos de puntuación. (2) (2) | Evidénciase capacidade para responder ao solicitado a través da organización do texto respectando a estrutura e a intención do xénero discursivo requirido. A información organízase en parágrafos ao servizo da estrutura textual, aínda que non sempre se observa progresión informativa ou continuidade temática, se ben iso non afecta ao sentido do texto. Empréganse parágrafos ben elaborados, que evidencian un bo manexo dos recursos cohesivos, evitando repeticións e servíndose dun adecuado emprego dos signos de puntuación. (1.5) (1.5) | Cóstalle responder ao solicitado, respectando a estrutura e a intención do xénero discursivo requirido. A información organízase en parágrafos ao servizo da estrutura textual, pero nalgunha ocasión un parágrafo carece de sentido ou está mal construído. Cohesiona as partes do texto e sérvese de conectores comúns, evitando repeticións e procurando un emprego adecuado dos signos de puntuación. (1) (1) | O texto non responde ao solicitado. Non respecta a estrutura ou a intención comunicativa, ou non se organizan adecuadamente os parágrafos ou estes non están ben elaborados. Falta cohesión ou prodúcense repeticións ou non se empregan adecuadamente os signos de puntuación. (0.5) (0.5) |
---|
INFORMACIÓN | Desenvolve todos os puntos coa información necesaria, achegando información pertinente e orixinal cun estilo propio. Evidénciase todo isto a través dunha boa comprensión do estímulo de partida e unha boa capacidade de dedución coa utilización (sen paráfrase) de elementos do mesmo e achegando toda a información necesaria. Ademais evidénciase unha boa capacidade de relación ao ser quen de achegar información pertinente que non se atopa ao seu alcance, coa que completa e mellora a súa produción textual. Tamén se evidencia unha boa capacidade de interpretación a través da orixinalidade e creatividade coa achega de ideas novas e dun estilo propio. (3) (3) | Desenvolve todos os puntos coa información necesaria e achegando información pertinente. Evidénciase todo isto a través dunha boa comprensión do estímulo de partida e unha boa capacidade de dedución coa utilización (sen paráfrase) de elementos do mesmo e achegando toda a información necesaria. Ademais evidénciase unha boa capacidade de relación ao ser quen de achegar información pertinente que non se atopa ao seu alcance, coa que completa e mellora a súa produción textual. (2.5) (2.5) | Desenvolve todos os puntos achegando información pertinente e orixinal cun estilo propio. Evidénciase todo isto a través dunha boa capacidade de relación ao ser quen de achegar información pertinente que non se atopa ao seu alcance, coa que completa e mellora a súa produción textual. Tamén se evidencia unha boa capacidade de interpretación a través da orixinalidade e creatividade coa achega de ideas novas e dun estilo propio. (2) (2) | Desenvolve todos os puntos coa información necesaria. Evidénciase isto a través da comprensión do estímulo de partida e pola capacidade de dedución coa utilización (sen paráfrase) de elementos do mesmo e achegando toda a información necesaria. (1.5) (1.5) | Non desenvolve todos os puntos ou falta información necesaria. (1) (1) |
---|
CORRECCIÓN | Evidénciase unha capacidade excelente para producir textos escritos con corrección (ortográfica e gramatical), sen interferencias e respectando as normas. Os enunciados (oracións, cláusulas, frases) están ben construídos, sen erros de concordancia, cos pronomes ben colocados, os tempos verbais ben conxugados e o resto de palabras variables ben flexionadas. Non presenta ningún erro ortográfico e o uso dos signos de acentuación é o correcto. (2) (2) | Evidénciase unha boa capacidade para producir textos escritos con corrección. Só comete algún desvío normativos. Os enunciados están ben construídos, sen erros de concordancia, cos pronomes ben colocados, os tempos verbais ben conxugados e o resto de palabras variables ben flexionadas. Non presenta ningún erro ortográfico e o uso dos signos de acentuación é o correcto. (1.5) (1.5) | Produce textos escritos con algún desvío normativo e/ou con algunha falta de ortografía; pero non máis de 4. Os enunciados están ben construídos, sen erros de concordancia, cos pronomes ben colocados, os tempos verbais ben conxugados e o resto de palabras variables ben flexionadas. (1.25) (1.25) | Produce textos escritos con desvíos normativos e/ou con faltas de ortografía; pero non máis de 5. Só comete un erro gramatical. (1) (1) | Presenta erros gramaticais ou enunciados mal construídos. Presenta máis de 5 erros ortográficos e/ou de puntuación. (0.5) (0.5) |
---|