Saltar navegación

Rúbrica para avaliar un relato breve

Rúbrica para avaliar un relato breve

Rúbrica para avaliar un relato breve
 SOBRESALIENTENOTABLEBENSUFICIENTEINSUFICIENTE
COUSAEvidencia a comprensión das Cousas de Castelao seguindo moi ben o modelo, pero achegando orixinalidade e creatividade propias ao adaptalo á realidade actual. (1)Evidencia a comprensión das Cousas de Castelao seguindo adecuadamente o seu modelo, adaptándoo á súa propia realidade actual. (0.8)Evidencia a comprensión das Cousas de Castelao seguindo o seu modelo, aínda que lle costa adaptalo á realidade actual. (0.6)Cóstalle seguir o modelo das Cousas de Castelao, pero toma elementos da súa propia realidade actual. (0.5)Non logra seguir o modelo das Cousas de Castelao, nin integrar elementos da súa propia realidade actual. (0.25)
BREVEConta a historia co menor número de palabras, non máis de 200. (1)Conta a historia co menor número de palabras. Non máis de 300. (0.8)Conta a historia co menor número de palabras. Non máis de 400. (0.6)Conta a historia co menor número de palabras. Non máis de 500. (0.5)Conta a historia con máis de 500 palabras. (0.25)
SUXERENTEInsinúa moito con pouco. O texto está condensado, con todo o contido concentrado, que se serve das palabras exactas e reúne nelas toda a historia. Logra que a persoa lectora encha os ocos, que imaxine o que non se conta, a través do que o relato suxire, do que insinúa pero non di. (1)Insinúa moito con pouco. O texto está condensado. (0.8)Insinúa moito con pouco. (0.6)Cóstalle insinuar, suxerir. (0.5)Non suxire. (0.25)
CLIMÁTICOEscolle que contar, centrándose no momento de maior clímax da historia. Selecciona moi ben o aspecto da historia que permite suxerir o resto. (1)Escolle que contar, centrándose no momento de maior clímax da historia. (0.8)Escolle que contar. (0.6)Cóstalle atopar o aspecto da historia que permita suxerir o resto. (0.5)Non selecciona adecuadamente o aspecto da historia que permita suxerir o resto. (0.25)
DECAPITADOComeza polo medio. Vai directamente á acción. Empeza intrigando a persoa lectora. Atrapa a persoa lectora a través dunha imaxe evocadora. (1)Comeza polo medio. Vai directamente á acción. (0.8)Comeza polo medio. (0.6)Non vai directamente a acción. (0.5)Non comeza pola medio nin vai directamente a acción. (0.25)
SINTÉTICOReduce personaxes, espazos e tempo. Prescinde de longas descricións de personaxes, concentrándose nunha ou dúas. Prescinde de espazos, cinxíndose a un lugar ou dous; Prescinde do tempo, concretándose nun único momento ou en dous. Procura que estes elementos sexan referentes coñecidos, para reducir espazo e non precisar descricións nin explicacións. (1)Reduce personaxes, espazos e tempo. Prescinde de longas descricións e procura referentes coñecidos, para reducir espazo e non precisar descricións nin explicacións. (0.8)Reduce personaxes, espazos e tempo. Prescinde de longas descricións. (0.6)Cóstalle prescindir de descrcións innecesarias. (0.5)Presenta descricións e/ou explicacións innecesarias e non procura referentes coñecidos. (0.25)
ANTIDESCRITIVONon conta ao estilo tradicional, senón que mostra unha escena que serve para condensar toda a historia. (0.5)Non conta ao estilo tradicional, senón que condensa toda a historia sen describir. (0.8)Non conta ao estilo tradicional. (0.6)Cóstalle evitar o estilo tradicional. (0.5)Conta ao estilo tradicional. (0.25)
SORPRENDENTEAcaba cun final sorprendente, impactando a persoa lectora, provocando que a historia contada non remate coa lectura, senón que sexa evocada por quen a leu, provocando que a súa imaxinación se poña en marcha; servíndose, por exemplo, dun final aberto. (1)Acaba cun final sorprendente, impactando a persoa lectora, provocando que a historia contada non remate coa lectura, senón que sexa evocada por quen a leu. (0.8)Acaba cun final sorprendente. (0.6)Cóstalle atopar un final sorprendente. (0.5)O final non é sorprendente. (0.25)
ATRACTIVOO título é orixinal e achega luz ao texto, axuda a comprendelo. (1)O título é orixinal ou axuda a comprender o texto. (0.8)O título é orixinal, pero non axuda a comprender o texto. (0.6)O título ou non achega luz, ou non é orixinal, ou non axuda a comprender o texto. (0.5)O título nin achega luz, nin é orixinal, nin axuda a comprender o texto. (0.25)
ORIXINALExperimenta buscando ser orixinal. Preséntase coma unha mestura, con aspectos poéticos (palabras sonoras, suxerentes) e mesmo con expresións semellantes a refráns ou sentenzas filosóficas. (0.5)Experimenta buscando ser orixinal. Preséntase coma unha mestura, con aspectos poéticos (palabras sonoras, suxerentes). (0.4)Experimenta buscando ser orixinal. (0.3)Aínda que o intenta, non logra a orixinalidade ou non experimenta. (0.2)Non logra a orixinalidade nin experimenta para lograla. (0.1)
CORRECTORespecta as propiedades textuais e mantén a corrección gramatical e ortográfica. (1)Respecta as propiedades textuais e non comete máis de 1-2 erros ortográficos. (0.8)Respecta as propiedades textuais e non comete máis de 3-4 erros ortográficos. (0.6)Non comete máis de 5 erros ortográficos ou 1 erro gramatical. (0.5)Comete 2-3 erros gramaticais ou 6-7 erros ortográficos. (0.25)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá

Feito con eXeLearning (Nova ventá)