TRABALLO | Sempre está en disposición de traballar e desenvolver o seu labor na aula. Mantén sempre unha actitude de escoita activa. Esfórzase sempre por mellorar os resultados do seu traballo. (2) (2) | Sempre está en disposición de traballar e desenvolver o seu labor na aula. Mantén unha actitude de escoita activa. Esfórzase por mellorar os resultados do seu traballo. (1.5) (1.5) | Case sempre está en disposición de traballar e desenvolver o seu labor na aula. Case sempre mantén unha actitude de escoita activa. Case sempre se esforza por mellorar os resultados do seu traballo. (1.25) (1.25) | Cóstalle realizar as súas tarefas e/ou desenvolver adecuadamente o seu labor na aula. Tende a despistarse pero esfórzase por mellorar. (1) (1) | Cóstalle realizar as súas tarefas e/ou desenvolver o seu labor na aula. Distráese con facilidade e non cumpre coas súas responsabilidades académicas e/ou non se esforza o suficiente. (0.5) (0.5) |
---|
RELACIÓN (saber estar) | Sempre desenvolve unha actitude e un comportamento adecuados ao contexto académico, respectuoso co resto de persoas que se atopan na aula, colaborador e participativo; ademais pon de manifesto que posúe estilo e criterio propios para lograr desenvolver ben o seu traballo. (2) (2) | Sempre desenvolve unha actitude e un comportamento adecuados ao contexto académico, respectuoso co resto de persoas que se atopan na aula, colaborador e participativo. (1.5) (1.5) | Desenvolve unha actitude e un comportamento adecuados ao contexto académico, respectuoso co resto de persoas que se atopan na aula, colaborador e participativo; aínda que se distrae algunhas veces. (1.25) (1.25) | Cóstalle desenvolver o traballo en equipo e un labor colaborativo. Tende a distraerse. (1) (1) | Case non participa do traballo en equipo. Distráese con facilidade e/ou provoca a distracción doutras persoas. (0.5) (0.5) |
---|
INDICACIÓNS (saber facer) | Sempre evidencia un alto nivel de comprensión a través do seguimento das indicacións dadas e na realización das tarefas. Realiza as tarefas con autonomía. (2) (2) | Evidencia un bo nivel de comprensión a través do seguimento das indicacións dadas e na realización das tarefas. Realiza as tarefas con autonomía. (1.5) (1.5) | Evidencia a comprensión a través do seguimento das indicacións dadas e na realización das tarefas. Realiza as tarefas con progresiva autonomía. (1.25) (1.25) | Evidencia dificultades para comprender as indicacións dadas o que dificulta a realización das tarefas, que realiza con axuda. (1) (1) | Evidencia dificultades para comprender as indicacións dadas e para a realización das tarefas. (0.5) (0.5) |
---|
SABERES PREVIOS (saber) | Sempre se serve dos seus coñecementos previos e dos asuntos tratados anteriormente na aula para realizar as súas tarefas. Desenvolve moi ben a aprendizaxe significativa. (2) (2) | Sérvese dos seus coñecementos previos ou dos asuntos tratados anteriormente na aula para realizar as súas tarefas. Desenvolve unha aprendizaxe significativa. (1.5) (1.5) | En ocasións sérvese dos seus coñecementos previos ou dos asuntos tratados anteriormente na aula para realizar as súas tarefas. (1.5) (1.25) | Cóstalle recuperar e relacionar saberes previos ou asuntos tratados na aula cos novos saberes. Necesita que outras persoas o poñan de manifesto. (1) (1) | Evidencia dificultades para relacionar saberes previos e novos e para reutilizar o traballado previamente na aula. (0.5) (0.5) |
---|
RESULTADOS | Sempre logra un bo resultado para o seu traballo (en grupo, parella ou individual) e consegue acabalo nos prazos sinalados. Lidera o grupo de traballo e axuda a outras compañeiras e compañeiros. (2) (2) | Logra un bo resultado para o seu traballo (en grupo, parella ou individual) e consegue acabalo nos prazos sinalados. Lidera o grupo de traballo ou axuda a outras compañeiras e compañeiros. (1.5) (1.5) | Logra un bo resultado para o seu traballo (en grupo, parella ou individual) e consegue acabalo nos prazos sinalados. Axuda a outras compañeiras e compañeiros. (1.25) (1.25) | Logra, con axuda, resolver o seu traballo (en grupo, parella ou individual) e consegue acabalo nos prazos sinalados. (1) (1) | Cóstalle acabar o traballo e/ou non respecta os prazos sinalados. (0.5) (0.5) |
---|