Saltar navegación

TAREFAS

PROXECTO. Postais de paz para Castelao

A partir da razón pola que vinculamos a Castelao co Día da Paz e vendo a imaxe da postal que Castelao deseñou no seu momento e que foi enviada á ONU, o alumnado elaborará unha tarxeta postal, imitando a Castelao e seguindo este modelo, para o cal seguiranse estes pasos:

1. A persoa docente repartirá a cada alumn@ un debuxo de Castelao cun pé de imaxe escrito en galego, extraído da súa obra Cousas da vida, e unha cartolina.

2. A alumna ou alumno traerá colocará a cartolina en posición horizontal e dobraraa á metade.

3. Na portada desa cartolina, na parte exterior, @ alumn@ escribirá, coidando a estética, A PAZ É... engadindo o que para el/ela é a paz en relación ao debuxo de Castelao a partir do cal vai elaborar a tarxeta postal.

4. No interior da cartolina, na metade esquerda, @ alumn@ pegará o debuxo que lle foi entregado pola persoa docente.

5. Continuando no interior desa cartolina, no lado dereito, @ alumn@ debuxará ou pegará unha imaxe de actualidade relacionada co debuxo de Castelao que lle tocou en sorte. A imaxe ou o debuxo pode obtelo por calquera medio (dixital, impreso ou de creación propia).

6. A alumna ou alumno engadirá (en galego) un pé de imaxe que permita relacionar o contido desa imaxe co debuxo de Castelao e co que no inicio (portada) da postal se indicou que era a paz.

7. Na contraportada da cartolina, no exterior, escribirá os seguintes datos: AUTOR/A, CURSO e GRUPO, e MATERIA.

8. O texto escrito na postal respectará as propiedades textuais e será correcto lingüisticamente.

9. A tarefa será realizada con limpeza, coidando a presentación.

10. A tarefa realizarase no período de tempo sinalado pola docente.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)