ESTRUTURA | Organiza o texto respectando as partes sinaladas para un texto instrutivo (obxectivo e indicacións) diferenciando título e explicación do obxectivo, introdución coa descrición e coas enumeracións, desenvolvemento coas instrucións e mesmo incorpora unha infografía. (2) | Organiza o texto respectando as partes sinaladas para un texto instrutivo (obxectivo e indicacións) diferenciando título e explicación do obxectivo, introdución coa descrición e enumeracións, desenvolvemento coas instrucións e mesmo incorpora ilustracións. (1.5) | Organiza o texto respectando as partes sinaladas para un texto instrutivo (obxectivo e indicacións) diferenciando título e explicación do obxectivo, introdución coa descrición e coas enumeracións, desenvolvemento coas instrucións e mesmo incorpora algunha ilustración. (1.25) | Organiza o texto respectando as partes sinaladas para un texto instrutivo (obxectivo e indicacións) diferenciando título, introdución coa descrición ou con enumeracións, e o desenvolvemento coas instrucións. (1) | Cóstalle organizar o texto e non logra respectar as partes sinaladas para un texto instrutivo nin diferenciar a exposición da descrición ou estas das instrucións. (0.5) |
---|
INFORMACIÓN | Achega información abundante, pertinente e necesaria para identificar ou reunir todos os elementos e poder seguir todas as indicacións de xeito doado. Achega información gráfica e visual. (2) | Achega información pertinente e necesaria para identificar ou reunir todos os elementos e poder seguir todas as indicacións de xeito doado. Achega información gráfica ou visual. (1.5) | Achega información necesaria para identificar ou reunir todos os elementos e poder seguir todas as indicacións adecuadamente. Achega información visual. (1.25) | Achega información necesaria para identificar os elementos e poder seguir as indicacións; aínda que poida faltar algún paso ou algunha instrución, isto non impide a realización do obxectivo que se persegue. (1) | Cóstalle achegar a información necesaria, o que dificulta o seguimento das instrucións. (0.5) |
---|
EXPRESIÓN | Sérvese dos elementos lingüísticos propios desta modalidade textual: léxico preciso, denotativo con abundantes tecnicismos; construcións sintácticas breves e sinxelas; uso de formas impersoais, perífrases de obrigatoriedade, verbos en infinitivo, verbos en imperativo; uso da segunda persoa e da primeira persoa de plural (función apelativa e conativa). (2) | Sérvese dos elementos lingüísticos propios desta modalidade textual: léxico preciso, denotativo con tecnicismos; construcións sintácticas breves e sinxelas; uso de formas impersoais ou de perífrases de obrigatoriedade, de verbos en infinitivo ou verbos en imperativo; uso da segunda persoa ou da primeira persoa de plural (función apelativa e conativa). (1.5) | Sérvese dos elementos lingüísticos propios desta modalidade textual: léxico denotativo con algún tecnicismo; construcións sintácticas breves e sinxelas; uso de verbos en infinitivo ou verbos en imperativo; uso da segunda persoa ou da primeira persoa de plural (función apelativa e conativa). (1.25) | Sérvese dos elementos lingüísticos propios desta modalidade textual: léxico denotativo; construcións sintácticas breves e sinxelas; uso de verbos en infinitivo ou verbos en imperativo; uso da segunda persoa (función apelativa). (1) | Cóstalle utilizar un léxico preciso ou tecnicismos. Cóstalle usar distintas formas verbais respectando as concordancias ou tende a mesturar distintas persoas gramaticais sen evidenciar a función apelativa da linguaxe. (0.5) |
---|
CORRECCIÓN | Respecta as propiedades textuais e a corrección ortográfica e gramatical. (2) | Comete 1-2 erros ortográficos. (1.5) | Comete 3-4 erros ortográficos. (1.25) | Comete algún erro gramatical ou 5-6 erros ortográficos. (1) | Non respecta as propiedades textuais ou comete excesivos erros gramaticais e/ou ortográficos. (0.5) |
---|
PRESENTACIÓN | Presenta a tarefa seguindo todas as indicacións do Caderno TIL; cun título adecuado e unha organización visual (infografía) e textual (numeración, guións, asteriscos, sangrados...) acorde co obxectivo que se persegue e as instrucións que se dan para acadalo. (2) | Presenta a tarefa seguindo todas as indicacións do Caderno TIL; cun título adecuado e unha organización visual (ilustracións) e textual (numeración, guións, asteriscos, sangrados...) acorde co obxectivo que se persegue e as instrucións que se dan para acadalo. (1.5) | Presenta a tarefa seguindo todas as indicacións do Caderno TIL; cun título adecuado e unha organización visual (imaxes) e textual (numeración, guións...) acorde co obxectivo que se persegue e as instrucións que se dan para acadalo. (1.25) | Presenta a tarefa seguindo todas as indicacións do Caderno TIL; cun título adecuado e unha organización textual acorde co obxectivo que se persegue e as instrucións que se dan para acadalo. (1) | A presentación non respecta algunha das indicacións do Caderno TIL, ou non organiza adecuadamente o texto para poder seguir ordenadamente as instrucións. (0.5) |
---|