INTERVENCIÓN | Realiza 9-10 intervencións adecuadas. (2) (2) | Realiza 7-8 intervencións adecuadas. (1.5) (1.5) | Realiza 5-6 intervencións adecuadas. (1.25) (1.25) | Realiza 4-5 intervencións adecuadas. (1) (1) | Realiza menos de 4 intervencións adecuadas. (0.5) |
---|
ADECUACIÓN | Mantén sempre unha actitude de escoita activa, o que lle permite intervir adecuadamente, servíndose dun léxico rico e preciso e mostrando un moi bo manexo dos rexistros. (2) (2) | Mantén habitualmente unha actitude de escoita activa, o que lle permite intervir adecuadamente, servíndose dun léxico preciso e mostrando un bo manexo dos rexistros. (1.5) (1.5) | Mantén habitualmente unha actitude de escoita activa, o que lle permite intervir adecuadamente, pero cóstalle servirse do léxico preciso e diferenciar os rexistros. (1.25) (1.25) | Cóstalle interactuar co resto do alumnado ou coa docente ou evidencia dificultades para empregar o léxico adecuado e para diferenciar os rexistros. (1) (1) | Case non intervén ou cando o fai non evidencia unha actitude de escoita activa e/ou non se serve do léxico apropiado e/ou non utiliza o rexistro adecuado. (0.5) (0.5) |
---|
CORRECCIÓN | Nunca comete erros gramaticais nin de pronuncia nas súas intervencións e evita sempre os desvíos normativos. Pronuncia correctamente todos os fonemas galegos, especialmente os máis característicos da súa variedade xeográfica. (2) (2) | Non comete erros gramaticais nas súas intervencións pero si 1-2 desvíos normativos. Pronuncia correctamente ou reflicte a súa variedade xeográfica. (1.5) (1.5) | Comete algún erro gramatical nas súas intervencións ou 3-4 desvíos normativos. Pronuncia correctamente ou reflicte a súa variedade xeográfica. (1.25) (1.25) | Comete algún erro gramatical nas súas intervencións e/ou 5 desvíos normativos. Cóstalle pronunciar correctamente ou reflectir a súa variedade xeográfica. (1) (1) | Comete erros gramaticais nas súas intervencións e/ou máis de 5 desvíos normativos. Presenta dificultades na pronuncia e/ou non reflicte a súa variedade xeográfica. (0.5) (0.5) |
---|
CONSTRUCIÓN | Evidencia creatividade e destreza expresiva, que asenta nunha moi boa comprensión previa. Organiza a información de forma clara, seguindo unha orde lóxica e servíndose de marcadores discursivos variados. Sérvese de recursos non verbais que complementan moi ben a mensaxe oral. (2) (2) | Evidencia destreza expresiva, que asenta nunha boa comprensión previa. Organiza a información de forma clara, seguindo unha orde lóxica e servíndose de marcadores discursivos. Sérvese de recursos non verbais que complementan a mensaxe oral. (1.5) (1.5) | Evidencia unha boa comprensión previa. Organiza a información de forma clara, seguindo unha orde lóxica e servíndose de marcadores discursivos. Sérvese de recursos non verbais. (1.5) (1.25) | Cóstalle evidenciar a comprensión previa. A organización da información non é clara e utiliza de xeito repetitivo os marcadores discursivos máis comúns. Cóstalle acompañar o seu discurso de recursos non verbais. (1) (1) | Non evidencia comprensión previa e/ou non logra organizar o seu discurso e sérvese dun único elemento de cohesión. (0.5) (0.5) |
---|
INFORMACIÓN | Sempre intervén achegando non só a información necesaria senón tamén información pertinente e mesmo ideas innovadoras, mostrando creatividade e un estilo orixinal. (2) (2) | Intervén achegando non só a información necesaria senón tamén información pertinente e algunha idea innovadora. (1.5) (1.5) | Intervén achegando non só a información necesaria senón tamén información pertinente. (1.25) (1.25) | Intervén achegando a información necesaria. (1) (1) | Cóstalle achegar a información necesaria. (0.5) (0.5) |
---|