MEMORIZACIÓN1 | Recorda a totalidade do poema e recítao sen cometer erros e cun fluidez. (2) | Recorda a maior parte do poema de memoria e recítao comentendo poucos erros e cunha fluidez aceptable. (1.5) | Recita algunhas partes do poema de memoria, pero ten dificultades para recordar outras e mostra certa falta de fluidez. (1.25) | Recita algunhas partes do poema de memoria, pero outras debe lelas e mostra falta de fluidez. (1) | Necesita ler o poema, pois non o ten memorizado. (0.5) |
---|
PRONUNCIA E ENTOACIÓN | Pronuncia correctamente todas as palabras e utiliza unha entoación adecuada, polo que transmite moi ben as emocións do poema. (2) | Pronuncia correctamente as palabras e utiliza unha entoación adecuada. (1.5) | Pronuncia a maioría das palabras correctamente e utiliza unha entoación adecuada na maioría dos versos. (1.25) | Pronuncia algunhas palabras incorrectamente e ten dificultades para utilizar unha entoación adecuada. (1) | Tropeza nas palabras e ten dificultades para manter a voz e non utiliza unha entoación adecuada. (0.5) |
---|
EXPRESIÓN NON VERBAL | Utiliza xestos e movementos corporais moi adecuados para complementar o recitado do poema, acordes co ton e significado do mesmo; ademais mantén sempre o contacto visual con distintas persoas destinatarias. (2) | Utiliza xestos e movementos corporais que complementan o recitado do poema e mantén o contacto visual. (1.5) | Utiliza xestos ou movementos corporais que complementan o recitado do poema e mantén o contacto visual. (1.25) | Non utiliza xestos nin movementos corporais que complementen o recitado do poema; pero case sempre mantén o contacto visual. (1) | Non utiliza xestos nin movementos corporais que complementen o recitado do poema. Non mantén o contacto visual. (0.5) |
---|
RITMO E VOLUME | Proxecta a voz cun volume e ritmo adecuados ao contido e ton do poema, acompañando a súa linguaxe non verbal. (2) | Proxecta a voz cun volume e ritmo adecuados, acompañando a súa linguaxe non verbal. (1.5) | Proxecta a voz cun volume e ritmo adecuados ao contido e ton do poema. (1.25) | Proxecta a voz cun volume e ritmo case sempre adecuados. (1) | Non proxecta adecuadamente a voz, o volume sobe e baixa e falta ritmo. (0.5) |
---|
COMPRENSIÓN DO POEMA | Comprede moi ben o poema e demóstrao ao recitar sentindo cada palabra, expresando as emocións adecuadas ao contido do poema e enfatizando as palabras clave. (2) | Comprede o poema e demóstrao ao recitar expresando as emocións adecuadas ao contido do poema e enfatizando as palabras clave. (1.5) | Comprede o poema e demóstrao ao recitar, expresando as emocións adecuadas ao contido do poema e enfatizando algunhas palabras. (1.25) | Comprede o poema e demóstrao ao recitar. (1) | Non demostra comprender o poema. Non enfatiza nin mostra sentimentos. (0.5) |
---|