Saltar navegación

Rúbrica

Rúbrica

Rúbrica para avaliar a elaboración de definicións
 SOBRESALIENTENOTABLEBENSUFICIENTEINSUFICIENTE
PRESENTACIÓNPresentou a tarefa seguindo todas as indicacións dadas para a súa realización, ademais das indicacións do Caderno TIL. Seleccionou adecuadamente todos os termos para definir. (2) (2)Presentou a tarefa seguindo case todas as indicacións dadas para a súa realización, agás 1-2, ademais das indicacións do Caderno TIL. Seleccionou adecuadamente 10 termos a definir. (1.5) (1.5)Presentou a tarefa seguindo boa parte das indicacións dadas para a súa realización e/ou das indicacións do Caderno TIL; agás 3-4. Seleccionou adecuadamente 8-9 termos para definir. (1.25) (1.25)Presentou a tarefa prescindindo de 5 das indicacións dadas para a súa realización e/ou das indicacións do Caderno TIL. Seleccionou adecuadamente 6-7 termos para definir. (1) (1)Presentou a tarefa prescindindo de máis de 5 das indicacións dadas para a súa realización e/ou das indicacións do Caderno TIL. Seleccionou 5 ou menos termos para definir. (0.5) (0.5)
CATEGORÍAS GRAMATICAISEn todos os casos, a clase de palabra que inicia a definición coincide coa da palabra a definir e comparte as súas categorías gramaticais. (2) (2)En todos os casos, a clase de palabra que inicia a definición coincide coa da palabra a definir e na maioría comparte as súas categorías gramaticais. (1.5) (1.5)En 1-2 casos, a clase de palabra que inicia a definición non coincide coa da palabra a definir ou non comparte as súas categorías gramaticais. (1.25) (1.25)En 3-4 casos, a clase de palabra que inicia a definición non coincide coa da palabra a definir ou non comparte as súas categorías gramaticais. (1) (1)En 5 ou máis casos, a clase de palabra que inicia a definición non coincide coa da palabra a definir ou non comparte as súas categorías gramaticais. (0.5) (0.5)
RIQUEZA E PRECISIÓN LÉXICAEn ningún caso o termo a definir ou outro da súa familia léxica forman parte da definición. O léxico utilizado é preciso e rico. (2) (2)En ningún caso o termo a definir ou outro da súa familia léxica forman parte da definición. O léxico utilizado é preciso. (1.5) (1.5)En ningún caso o termo a definir forma parte da definición, pero si algún da súa familia léxica. O léxico utilizado é pouco preciso. (1.25) (1.25)Nun caso o termo a definir forma parte da definición. O léxico utilizado non é preciso. (1) (1)En máis dun caso o termo a definir forma parte da definición. O léxico utilizado non é preciso. (0.5) (0.5)
PROPIEDADES TEXTUAISAs definicións están moi ben elaboradas, con palabras propias, sen limitarse a sinónimos nin a dar exemplos. Todos os termos foron definidos con adecuación, coherencia e cohesión; evitando expresións do tipo: "é cando", "é como", "e como por exemplo", "en plan"... (2) (2)Todas as definicións agás 1 están ben elaboradas, con palabras precisas, sen limitarse a sinónimos nin a dar exemplos; respectando as propiedades textuais e evitando expresións do tipo: "é cando", "é como", "e como por exemplo", "en plan"... (1.5) (1.5)Todas as definicións agás 2 están ben elaboradas, sen limitarse a sinónimos nin a dar exemplos; respectando as propiedades textuais e evitando expresións do tipo: "é cando", "é como", "e como por exemplo", "en plan"... (1.5) (1.25)Todas as definicións agás 3-4 están ben elaboradas, sen limitarse a sinónimos nin a dar exemplos; evitando expresións do tipo: "é cando", "é como", "e como por exemplo", "en plan"... (1) (1)5 ou máis definicións non foron ben elaborados e/ou non se respectan as propiedades textuais e/ou úsanse expresións do tipo: "é cando", "é como", "e como por exemplo", "en plan".... (0.5) (0.5)
CORRECCIÓNAs definicións carecen de erros gramaticais ou ortográficos. (2) (2)As definicións carecen de erros gramaticais e non presenta máis de 1-2 erros ortográficos. (1.5) (1.5)As definicións non presentan máis de 1 erro gramatical nin máis de 3-4 erros ortográficos. (1.25) (1.25)As definicións non presentan máis de 2 erros gramaticais nin máis de 5 erros ortográficos. (1) (1)As definicións presentan máis de 2 erros gramaticais e máis de 5 erros ortográficos. (0.5) (0.5)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá

Feito con eXeLearning (Nova ventá)