ADECUACIÓN E RIQUEZA LÉXICA | Presenta un discurso adecuado á situación formal requirida, mostrando un moi bo manexo dos rexistros. Evítanse trazos espontáneos propios da oralidade non planificada, tamén evita un estilo afectado, así como expresións previsibles; comunicando con total claridade. Responde ao xénero discursivo solicitado, servíndose dun léxico rico e preciso, evitando palabras comodín, repeticións e termos vacíos propios da orixinalidade gratuíta. (2) (2) | Presenta un discurso adecuado á situación formal requirida, mostrando bo manexo dos rexistros. Evítanse trazos espontáneos propios da oralidade non planificada, así como expresións previsibles; comunicando con claridade. Responde ao xénero discursivo solicitado, servíndose dun léxico preciso, evitando palabras comodín, repeticións e termos vacíos propios da orixinalidade gratuíta. (1.5) (1.5) | Presenta un discurso adecuado á situación formal requirida. Evítanse trazos espontáneos, así como expresións previsibles; comunicando con claridade. Responde ao xénero discursivo solicitado, evitando palabras comodín, repeticións. (1.25) (1.25) | Cóstalle manter o rexistro formal solicitado. Sérvese de trazos espontáneos, de palabras comodín e en ocasións o seu discurso non é claro. Evidencia dificultades para responder ao xénero discursivo solicitado. (1) (1) | Case non intervén ou cando o fai non evidencia a distinción entre rexistros e/ou non se adecúa ao xénero discursivo solicitado. (0.5) (0.5) |
---|
CONSTRUCIÓN. COHERENCIA E COHESIÓN | Evidencia creatividade e destreza expresiva, que asenta nunha moi boa comprensión previa. Organiza a información de forma clara, seguindo unha orde lóxica e servíndose de recursos cohesivos tanto gramaticais como léxicos, evitando repeticións e usando conectores variados. A información organízase de maneira que permite a progresión informativa e a continuidade temática, respectándose a estrutura solicitada. Sérvese de recursos non verbais que complementan moi ben a mensaxe oral. (2) (2) | Evidencia destreza expresiva, que asenta nunha boa comprensión previa. Organiza a información de forma clara, seguindo unha orde lóxica e servíndose de recursos cohesivos, evitando repeticións e usando conectores variados. A información organízase de maneira que permite a progresión informativa e a continuidade temática, respectándose a estrutura solicitada. Sérvese de recursos non verbais. (1.5) (1.5) | Evidencia unha boa comprensión previa. Organiza a información de forma clara, seguindo unha orde lóxica e servíndose de recursos cohesivos, evitando repeticións. A información organízase de maneira que permite a progresión informativa, respectándose a estrutura solicitada. Sérvese de recursos non verbais. (1.25) (1.25) | Cóstalle evidenciar a comprensión previa. A organización da información non é clara e utiliza de xeito repetitivo os marcadores discursivos máis comúns. Cóstalle acompañar o seu discurso de recursos non verbais. (1) (1) | Non evidencia comprensión previa e/ou non logra organizar o seu discurso e sérvese dun único elemento de cohesión. (0.5) (0.5) |
---|
INFORMACIÓN | Responde ao solicitado achegando non só a información necesaria senón tamén información pertinente e mesmo ideas innovadoras, mostrando creatividade e un estilo orixinal. (2) (2) | Intervén achegando non só a información necesaria senón tamén información pertinente e algunha idea innovadora. (1.5) (1.5) | Intervén achegando non só a información necesaria senón tamén información pertinente. (1.25) (1.25) | Intervén achegando a información necesaria. (1) (1) | Cóstalle achegar a información necesaria. (0.5) (0.5) |
---|
CORRECCIÓN | Non comete erros gramaticais nin desvíos normativos na súa intervención. Pronuncia correctamente todos os fonemas galegos, especialmente os máis característicos da súa variedade xeográfica. (2) (2) | Non comete erros gramaticais na súa intervención pero si 1-2 desvíos normativos. Pronuncia correctamente ou reflicte a súa variedade xeográfica. (1.5) (1.5) | Non comete erros gramaticais na súa intervencións pero si 3-4 desvíos normativos. Pronuncia correctamente ou reflicte a súa variedade xeográfica. (1.25) (1.25) | Comete algún erro gramatical na súa intervención e/ou 5 desvíos normativos. Non usa a súa variedade xeográfica ou comete algún erro na pronuncia. (1) (1) | Comete erros gramaticais na súa intervención e/ou máis de 5 desvíos normativos. Cóstalle pronunciar algúns fonemas e/ou non reflicte a súa variedade xeográfica. (0.5) (0.5) |
---|
SABER ESTAR | Inicia a intervención oral saudando a audiencia, presentándose de forma adecuada e indicando o tema de maneira clara e concisa. Mantén unha postura adecuada durante toda a intervención, apoiándose na presentación informática e dirixíndose ás compañeiras e compañeiros. Despídese de forma adecuada, dando paso á audiencia para que faga preguntas. Utiliza todo o tempo destinado á exposición. (5 minutos) (2) (2) | Inicia a intervención oral saudando a audiencia, presentándose de forma adecuada e indicando o tema de maneira clara. Mantén unha postura adecuada durante toda a intervención, apoiándose na presentación informática e dirixíndose ás compañeiras e compañeiros. Despídese de forma adecuada, dando paso á audiencia para que faga preguntas. Utiliza menos tempo do sinalado para a exposición. (4 minutos) (1.5) (1.5) | Inicia a intervención oral saudando a audiencia, presentándose de forma adecuada e indicando o tema de maneira clara. Mantén unha postura adecuada, apoiándose na presentación informática e dirixíndose ás compañeiras e compañeiros. Despídese de forma adecuada, dando paso á audiencia para que faga preguntas. Utiliza menos tempo do sinalado para a exposición. (3 minutos) (1.25) (1.25) | Inicia a intervención oral saudando a audiencia, presentándose de forma adecuada e indicando o tema. Mantén unha postura adecuada, pero tenden a ler na presentación informática. Despídese de forma adecuada, dando paso á audiencia para que faga preguntas. Utiliza menos tempo do sinalado para a exposición. (2 minutos) (1) (1) | Inicia a intervención oral saudando a audiencia, presentándose ou indicando o tema. Le na presentación informática ou noutro soporte. Non se despide ou non dá paso á audiencia para que faga preguntas. Utiliza menos de 2 minutos (0.5) (0.5) |
---|