Saltar navegación

Rúbrica para avaliar a presentación

Rúbrica para avaliar unha presentación informática

Rúbrica para avaliar presentacións informáticas
 SOBRESALIENTENOTABLEBENSUFICIENTEINSUFICIENTE
PRESENTACIÓNNa portada aparece o título e, se é necesario, tamén un subtítulo, unha imaxe adecuada e o nome do/a autor/a. Inclúe un índice con referencia ao número de diapositiva e aos apartados. En todas as diapositivas a letra é clara e usa unha fonte tipográfica adecuada; o corpo escrito está limpo e favorece a lexibilidade. O fondo é adecuado. Segue todas as indicacións dadas. (2) (2)Na portada aparece o título, unha imaxe adecuada e o nome do/a autor/a. Inclúe un índice con referencia ao número de diapositiva e aos apartados. En todas as diapositivas a letra é clara e usa unha fonte tipográfica adecuada. O fondo é adecuado. Segue todas as indicacións dadas agás 1. (1.5) (1.5)Na portada aparece o título, unha imaxe adecuada e o nome do/a autor/a. Inclúe un índice con referencia ao número de diapositiva. En todas as diapositivas a letra é clara e o fondo é adecuado. Segue case todas as indicacións dadas, agás 2. (1.25) (1.25)Na portada aparece o título e o nome do/a autor/a. Inclúe un índice con referencia ao número de diapositiva. En todas as diapositivas a letra é clara. Segue as indicacións dadas, agás 3. (1) (1)Na portada aparece o título. Non inclúe un índice con referencia ao número de diapositiva. Non segue as indicacións dadas. (0.5) (0.5)
CONSTRUCIÓN. COHERENCIA E COHESIÓNO traballo desenvolve todos os puntos solicitados. Empréganse parágrafos ou enunciados curtos ben elaborados, con marcadores discursivos apropiados e variados, e con menos texto que imaxe. As diapositivas mostran unha organización estrutural moi acaída. (2) (2)O traballo desenvolve todos os puntos solicitados. Empréganse enunciados curtos ben elaborados, con marcadores discursivos apropiados e con menos texto que imaxe. As diapositivas mostran unha organización estrutural acaída. (1.5) (1.5)O traballo desenvolve todos os puntos solicitados. Empréganse enunciados curtos, con menos texto que imaxe. As diapositivas mostran unha organización estrutural. (1.25) (1.25)O traballo desenvolve todos os puntos solicitados agás 1. Empréganse enunciados curtos. As diapositivas non sempre manteñen a organización estrutural adecuada. (1) (1)O traballo non desenvolve 2 ou máis dos puntos solicitados. As diapositivas evidencian falta de organización. (0.5) (0.5)
INFORMACIÓNDesenvolve todos os puntos con información necesaria e pertinente. Inclúe ilustracións, gráficas e mapas moi acaídos. Evidénciase a consulta de todos os recursos e fontes recomendados e achega doutros pertinentes; sinalándoos a través de hiperligazóns. Na penúltima diapositiva aparece a conclusión, que resume as ideas principais expostas no traballo e engade unha interpretación propia que vincula eses contidos con novas de actualidade. (2) (2)Desenvolve todos os puntos con información necesaria e pertinente. Inclúe ilustracións e mapas acaídos. Evidénciase a consulta dos recursos e fontes recomendados e a achega doutros pertinentes; sinalándoos a través de hiperligazóns. Na penúltima diapositiva aparece a conclusión, que resume as ideas principais expostas no traballo e engade unha vinculación deses contidos a novas de actualidade. (1.5) (1.5)Desenvolve todos os puntos con información necesaria. Inclúe ilustracións acaídas. Evidénciase a consulta de recursos e fontes recomendados e a achega doutros. Na penúltima diapositiva aparece a conclusión, que resume as ideas principais expostas no traballo ou engade unha vinculación deses contidos a novas de actualidade. (1.25) (1.25)Desenvolve todos os puntos agás 1 ou falta información en xeral. Inclúe ilustracións. Evidénciase a consulta de fontes recomendados ou a achega doutras. Na penúltima diapositiva aparece a conclusión. (1) (1)Non desenvolve todos os puntos. Nalgunhas diapositivas non hai ilustracións. Non se evidencia a consulta das fontes recomendadas ou a achega doutras. Na penúltima diapositiva non aparece a conclusión. (0.5) (0.5)
ADECUACIÓN E RIQUEZA LÉXICAtexto -imaxeO traballo desenvolve todos os puntos necesarios de xeito adecuado, respondendo ao solicitado. Non presenta caídas de rexistro e sérvese dun vocabulario rico e preciso. (2) (2)O traballo desenvolve todos os puntos necesarios de xeito adecuado, respondendo ao solicitado. Non presenta caídas de rexistro e sérvese dun vocabulario preciso. (1.5) (1.5)O traballo desenvolve todos os puntos necesarios, respondendo ao solicitado. Non presenta caídas de rexistro. O vocabulario é variado pero pouco preciso. (1.5) (1.25)O traballo desenvolve todos os puntos agás 1. Presenta algunha caída de rexistro. O vocabulario é pouco preciso e pouco variado. (1) (1)O traballo non desenvolve a metade dos puntos de xeito adecuado. Presenta máis de 2 caídas de rexistro e pobreza léxica. (0.5) (0.5)
CORRECCIÓNNon presenta erros gramaticais e os enunciados están ben construídos. Non presenta erros ortográficos e a puntuación é correcta. (2) (2)Non presenta erros gramaticais e os enunciados están ben construídos. Só presenta 1-2 erros ortográficos ou de puntuación. (1.5) (1.5)Non presenta erros gramaticais e os enunciados están ben construídos. Só presenta 3-4 erros ortográficos ou de puntuación. (1.25) (1.25)Non presenta máis dun erro gramatical ou un enunciado mal construído. E non presenta máis de 5 erros ortográficos ou de puntuación. (1) (1)Presenta erros gramaticais ou enunciados mal construídos. Presenta máis de 5 erros ortográficos ou de puntuación. (0.5) (0.5)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá

Descargar arquivo fonte

Información xeral sobre este recurso educativo
Título Indicacións e Rúbrica para Presentacións Informáticas
Descrición traballo de investigación con presentación informática
Autoría Sofia Rama
Licenza Creative Commons BY-NC 4.0

Este contido foi creado con eXeLearning, o seu editor libre e de código aberto para crear contidos educativos.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)