son poeta porque me peta!
A creación é un acto individual que precisa de introspección, un estado mental... Necesita unha reflexión individual. Pódese reescribir o xa escrito. A mellor maneira é lendo o que outros escribiron.
Apréndese facendo!
- Podes aprender a escribir, escribindo.
- Podes reescribir o que outras e outros escribiran antes.
- Podes ser orixinal e comunicar dun xeito libre.
- Podes experimentar coa lingua.
- Debes tomar conciencia do que é e do que non é linguaxe poética.
- Debes enriquecer o teu léxico con palabras novas.
- Debes enriquecer o teu pensamento con significados novos para palabras vellas.
- Aprenderás a expresarte mellor.
- Estimularás a sensibilidade e a creatividade.
- Comprenderás que para escribir primeiro é preciso ler.