Saltar navegación

Rúbrica

Rúbrica

Rúbrica para avaliar a creación dun poema
 SOBRESALIENTE NOTABLE BEN SUFICIENTE INSUFICIENTE
TEMAEscolle un tema significativo e próximo. O contido é orixinal. Comunica unha vivencia, transmite emoción e un estado de ánimo. (1)Escolle un tema significativo e próximo. Comunica unha vivencia ou transmite emoción ou un estado de ánimo. (0.8)Escolle un tema significativo e próximo. O contido é un tópico pero tratado dunha forma orixinal. (0.6)O tema está ben tratado pero non ao longo de todo o poema. O contido é un tópico. (0.5)Non está claro cal é o tema do poema. O contido resulta confuso. (0.25)
DESCRICIÓN Describe o tema de xeito moi adecuado ao longo do poema. Informa do descrito introducindo as sensacións, emocións e sentimentos de quen describe, coa pretensión de idealizar, deformar ou transmitir as impresións producidas no emisor. O vocabulario que utiliza non é obxectivo. Contén xuízos de valor. (1)Describe o tema de xeito adecuado ao longo do poema. Informa do descrito introducindo as sensacións, emocións e sentimentos de quen describe. O vocabulario que utiliza non é obxectivo. Contén xuízos de valor. (0.8)Describe o tema de xeito adecuado ao longo do poema. Introduce as sensacións, emocións e sentimentos de quen describe. O vocabulario que utiliza non é obxectivo. (0.6)Describe o tema de xeito adecuado ao longo do poema ou Introduce as sensacións, emocións e sentimentos de quen describe. (0.5)Cóstalle describir o tema e introducir emocións. (0.25)
ESTRUTURA Organiza o poema en estrofas ou en liñas poéticas de xeito moi acaído, propiciando que a descrición subxectiva do asunto e a emoción flúan ou se intensifiquen a medida que avanza o poema, na procura do clímax. Logra que o poema posúa un ritmo interno ao servizo do tema e da transmisión emotiva. (1)Organiza o poema en estrofas ou en liñas poéticas de xeito acaído, propiciando que a descrición subxectiva do asunto e a emoción flúan. Logra que o poema posúa un ritmo interno ao servizo do tema. (0.8)Organiza o poema en estrofas ou en liñas poéticas de xeito acaído. Logra algún momento climático ou que o poema posúa un ritmo interno. (0.6)Organiza o poema en estrofas ou en liñas poéticas de xeito acaído. (0.5)Cóstalle organizar o poema ou darlle unha estrutura adecuada. (0.25)
LÉXICO Sérvese dun léxico rico e preciso. Usa as palabras exactas e evidencia un traballo previo de busca de sinónimos adecuados e pouco usuais, na procura de orixinalidade e coa intención de dicir máis con menos. (1)Sérvese dun léxico rico e preciso. Usa as palabras exactas e evidencia un traballo previo de busca de sinónimos adecuados. (0.8)Sérvese dun léxico preciso. Busca as palabras exactas e evidencia un traballo previo. (0.6)Sérvese dun léxico adecuado. (0.5)O léxico resulta pobre ou pouco preciso. (0.25)
TROPOSUsa até 5 recursos estilísticos que enriquecen a linguaxe e proporcionan un valor estético e orixinalidade ao poema. (1)Usa até 4 recursos estilísticos que enriquecen a linguaxe e proporcionan un valor estético e orixinalidade ao poema. (0.8)Usa 2-3 recursos estilísticos que enriquecen a linguaxe e proporcionan un valor estético e orixinalidade ao poema. (0.6)Usa algún recurso estilístico para enriquecer a linguaxe e proporcionar un valor estético e orixinalidade ao poema. (0.5)Non se serve de recursos estilísticos ou non logra enriquecer a linguaxe. (0.25)
EXPRESIÓNRespecta as propiedades textuais e a corrección ortográfica e gramatical. (2)Comete 1-2 erros ortográficos. (1.5)Comete 3-4 erros ortográficos. (1.25)Comete algún erro gramatical ou 5-6 erros ortográficos. (1)Non respecta as propiedades textuais ou comete excesivos erros gramaticais e/ou ortográficos. (0.25)
SUXESTIÓN Logra sorprender, agradar ou provocar as emocións ou estados de ánimo que describe. Logra transmitir a vivencia descrita con creatividade, provocando que a emoción contida no poema non remate coa lectura, senón que sexa evocada por quen o recibe, estimulando a súa imaxinación. (1)Logra sorprender, agradar ou provocar as emocións ou estados de ánimo que describe. Logra transmitir a vivencia descrita con creatividade. (0.8)Logra sorprender ou agradar. Logra transmitir a vivencia descrita. (0.6)Logra sorprender ou agradar. Logra transmitir a vivencia descrita. (0.5)Non logra transmitir emoción ou non logra describir adecuadamente unha vivencia ou un estado de ánimo. (0.25)
ORIXINALIDADE Non se serviu de modelos ou, se o fixo, foi quen de distanciarse deles, achegando orixinalidade e creatividade. (1)Evidencia o uso de modelos que logrou reescribir para crear un poema novo. (0.8)Evidencia o uso de modelos a partir dos cales creou o seu poema distanciándose deles. (0.6)Evidencia o uso de modelos a partir dos cales creou o seu poema. (0.5)Non usou modelos ou non soubo servirse ou distanciarse deles. (0.25)
PRESENTACIÓN Presenta o poema seguindo todas as indicacións do Caderno TIL; cun título suxerente acorde co tema descrito e cunha versión en formato de videopoema. (1)Presenta o poema seguindo todas as indicacións do Caderno TIL; cun título suxerente acorde co tema descrito; cunha fotografía orixinal que ilustra o contido do texto. (0.8)Presenta o poema seguindo todas as indicacións do Caderno TIL e cun título suxerente acorde co tema descrito. (0.6)Presenta o poema seguindo todas as indicacións do Caderno TIL. (0.5)A presentación non respecta algunha das indicacións do Caderno TIL. (0.25)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá

Feito con eXeLearning (Nova ventá)