Saltar navegación

Indicacións para elaborar unha presentación

Elabora unha presentación informática

A partir da información recollida nas fontes propostas, elabora a túa propia presentación, seguindo estas indicacións:

  1. A túa presentación deberá contar cun máximo de 24 diapostivas e un mínimo de 14.
  2. A túa presentación deberá contar con 2 diapositivas destinadas a PORTADA e ÍNDICE ao inicio.
    1. Aparecerá o título, se é necesario tamén un subtítulo, e unha imaxe adecuada.
    2. Incluirá un índice con referencia ao número de diapositiva e aos apartados.
  3. A túa presentación deberá contar con 2 diapositivas destinadas a CONCLUSIÓN e FONTES ao final.
    1. Acabará cunha diapositiva na que engadas unha interpretación propia que vincule os contidos coa realidade actual.
    2.  Utilizarás os recursos e fontes recomendados e achegarás outros adecuados para as imaxes. As fontes deberán conter hiperenlaces.
  4. A túa presentación deberá combinar en cada diapositiva TEXTO (non máis de 10 liñas) e IMAXE.
    1. A letra será clara e usarás unha fonte tipográfica adecuada; o corpo escrito estará limpo e favorecerá a lexibilidade.
    2. Elaborarás diapositivas con menos texto que imaxe e con enunciados curtos.
    3. O texto da túa presentación deberá respectar as propiedades textuais (adecuación, coherencia e cohesión), ser correcto ortográfica e gramaticalmente e contar cun léxico preciso e apropiado.
    4. Contidos e imaxes deben responder ao solicitado, ser pertinentes e coherentes entre si.
    5. Utilizarás imaxes, gráficas ou efectos que realcen o contido.
  5. A túa presentación deberá seguir a estrutura propia dun texto expositivo (introdución - desenvolvemento - conclusión).

PASOS:

  • Elabora un guión cos pasos a seguir (escaleta)
  • Sinala no guión a que vas dedicar cada diapositiva
  • Selecciona a información que vas trasladar á presentación (elaborando un borrador de texto expositivo)
  • Selecciona a/s imaxe/s que vas recoller en cada diapositiva
  • Crea a túa presentación sen formato, só respectando o guión proposto (Portada - índice - diapositivas cos contidos - conclusión - fontes)
  • Engade texto e imaxe que respondan ao contido solicitado e respecten a estrutura dada (introdución - desenvolvemento - conclusión)
  • Engade os hiperenlaces ás imaxes e ás fontes
  • Deseña a túa presentación cun estilo propio.
  • Envía a túa presentación ao correo da persoa docente (seguindo as indicacións do caderno TIL).
  • Converte a túa presentación en pdf e súbea á aula virtual no lugar indicado para esta tarefa.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)