Portada | Aparece o título, se é necesario tamén un subtítulo, unha imaxe adecuada e o nome do/a autor/a. (0.5) | Aparece o título, unha imaxe e o nome do/a autor/a; pero non son adecuados ou están incompletos. (0.35) | Aparece o título ou unha imaxe e o nome do/a autor/a. (0.25) | Aparece o título. (0.15) | Non hai portada. (0) |
---|
Índice | Inclúe un índice con referencia ao número de diapositiva e aos apartados. (0.5) | Inclúe un índice con todo pero sen referencia ao número de diapositiva. (0.35) | Inclúe un índice pero sen referencia ao número de diapositiva e sen algún dos apartados. (0.25) | Inclúe un índice mal elaborado ou confuso. (0.15) | Non inclúe un índice (0) |
---|
Presentación | A letra é clara e usa unha fonte tipográfica adecuada; o corpo escrito está limpo e favorece a lexibilidade. O fondo é adecuado. (0.5) | A letra é clara. O corpo escrito está bastante limpo e a lexibilidade é boa. Se ben o fondo non é adecuado. (0.4) | Alterna en exceso entre fontes. O corpo escrito non está limpo mais a lexibilidade é aceptábel. (0.3) | A letra ou a fonte é parcialmente ilexíbel. O corpo do escrito non está limpo. (0.2) | A letra ou a fonte é ilexíbel. O corpo do escrito non está limpo e resulta confuso. (0.1) |
---|
Relación texto -imaxe | Elaborou diapositivas con menos texto que imaxe e con enunciados curtos. (0.5) | Elaborou diapositivas con máis texto do debido e enunciados longos. (0.4) | Elaborou diapositivas con máis texto que imaxe e con enunciados moi longos. (0.3) | Elaborou diapositivas só con imaxes. Sen texto. (0.2) | Elaborou diapositivas só con texto. Sen imaxes. (0.1) |
---|
Fontes | Utilizou todos os recursos e fontes recomendados e achegou outros adecuados; sinalándoos a través de hiperenlaces. (0.5) | Utilizou a maioría dos recursos e fontes e achegou algún outro. Ou utilizounos todos pero non os sinalou con hiperenlaces. (0.4) | Utilizou bastantes dos recursos e fontes de consulta recomendados, se ben non achegou outras fontes e non os sinalou con hiperenlaces. (0.3) | Utilizou só algún dos recursos e fontes de consulta recomendados. (0.2) | Non utilizou os recursos e fontes de consulta recomendados. (0.1) |
---|
Adecuación | O traballo desenvolve todos os puntos necesarios de xeito adecuado. (1) | O traballo desenvolve a maior parte dos puntos adecuadamente. (0.75) | O traballo só desenvolve a metade dos puntos de xeito adecuado. (0.5) | O traballo só desenvolve algúns puntos adecuadamente. (0.25) | O traballo non se desenvolve adecuadamente. (0.1) |
---|
Coherencia e cohesión | Empréganse parágrafos ben elaborados, con marcadores discursivos apropiados e variados. (1) | Os parágrafos están en xeral ben elaborados e presentan marcadores discursivos. (0.75) | Algúns parágrafos non están ben elaborados. Empréganse escasos marcadores discursivos. (0.5) | Moitos parágrafos non están ben elaborados e case non se utilizan marcadores discursivos. (0.25) | En xeral, os parágrafos están mal elaborados e non se empregan marcadores discursivos. (0.1) |
---|
Gramática | Non presenta erros gramaticais e os enunciados están ben construídos. (1) | Presenta erros gramaticais puntuais ou un único erro. Os enunciados están ben construídos. (0.75) | Presenta varios erros gramaticais aínda que non de forma reiterados. Os enunciados están ben construídos. (0.5) | Presenta numerosos erros gramaticais que dificultan a comprensión. Ou os enunciados están mal construídos ou inacabados. (0.25) | Presenta erros gramaticais constantes, que afectan á comprensión e os enunciados están mal construídos ou inacabados. (0.1) |
---|
Ortografía | Non presenta erros ortográficos e a puntuación é correcta. (1) | Presenta erros ortográficos puntuais. A puntuación é case correcta. (0.75) | Presenta varios erros ortográficos así como algunha deficiencia na puntuación. (0.5) | Presenta numerosos erros ortográficos e/ou unha puntuación deficiente. (0.25) | Presenta erros ortográficos constantes e unha puntuación deficiente. (0.1) |
---|
Riqueza léxica | Utiliza un vocabulario rico, moi preciso e adecuado. (0.5) | Utiliza un vocabulario preciso e adecuado. (0.4) | Utiliza un vocabulario variado e adecuado. (0.3) | Utiliza un vocabulario inadecuado. (0.2) | Utiliza un vocabulario pobre e inadecuado. (0.1) |
---|
Contidos | Desenvolve todos os puntos necesarios con contido pertinente. (1) | Desenvolve boa parte dos puntos necesarios con contido pertinente. (0.75) | Desenvolve a metade dos puntos necesarios con información pertinente. (0.5) | Desenvolve menos da metade dos puntos necesarios ou o seu contido non é pertinente. (0.25) | Carece de información pertinente. Faltan contidos básicos. (0.1) |
---|
Imaxes | Inclúe ilustracións e gráficas moi pertinentes. (0.5) | A maior parte das ilustracións e/ou gráficas son pertinentes. (0.4) | Aproximadamente a metade das ilustracións e/ou gráficas son pertinentes. (0.3) | Inclúe poucas ilustracións pertinentes ou case ningunha das solicitadas. (0.2) | Non inclúe as ilustracións solicitadas. (0.1) |
---|
Estrutura | As diapositivas están ben estruturadas. A presentación mostra unha organización estrutural moi acaída. (1) | As diapositivas están en xeral ben organizadas. A estrutura da presentación é correcta. (0.75) | Algunhas diapositivas non están ben organizadas. A estrutura da presentación carece dalgún apartado ou presenta algún moi breve ou mal dividido. (0.5) | Varias diapositivas non estan ben organizadas. En xeral a estrutura da presentación resulta un pouco caótica por falta de xerarquización das diapositivas. (0.25) | As diapositivas están mal organizadas. A presentación carece de estrutura, sen apartados nin subapartados. (0.1) |
---|
Conclusión | Na penúltima diapositiva aparece a conclusión, que resume as ideas principais expostas no traballo e engade unha interpretación propia que vincula eses contidos coa realidade actual. (0.5) | Na penúltima diapositiva aparece a conclusión cun resumo demasiado extenso ou non recolle o exposto no traballo ou carece de interpretación. (0.35) | Na penúltima diapositiva aparecen as conclusións que constitúen un tópico . Carece de interpretación. (0.25) | Na penúltima diapositiva aparece a conclusión como un resumo demasiado breve e/ou xenérico. Carece de interpretación. (0.15) | Carece de conclusión. (0) |
---|