| COMPRENSIÓN (até 1 punto) | Intervén e participa de xeito adecuado e coherente. Comprende e interpreta moi ben a viñeta. (1) | Intervén e participa de xeito adecuado. Comprende e interpreta a viñeta. (0.75) | Intervén e participa pouco e/ou comete algún erro. Comprende en xeral o sentido da viñeta. (0.50) | Case non intervén e/ou non o fai de xeito adecuado e/ou con coherencia. Ten dificultades para comprender a viñeta e as explicacións en xeral. (0.25) |
|---|
| REFLEXIÓN (até 3 puntos) | Realiza as 6 identificacións de xeito adecuado e entende todos os procedementos. (3) | Realiza 4-5 identificacións de xeito adecuado e entende a maioría dos procedementos. (2) | Realiza 3 identificacións de xeito adecuado e ten algún problema para entender algún dos procedementos. (1) | Realiza menos 1-2 identificacións de xeito adecuado e ten problemas para entender os procedementos. (0.25) |
|---|
| TRANSLINGÜISMO (até 3 puntos) | Realiza moi ben as 6 tarefas comprendendo os artigos e buscando adecuadamente a información lexislativa. (3) | Agás a segunda tarefa, realiza as restantes dun xeito adecuado. (2) | Aínda que realiza as tarefas, cústalle entender os artigos e a necesidade dunha interpretación ademais dunha tradución directa. (1) | Só realiza adecuadamente as tarefas de tradución coa axuda do tradutor e/ou doutr@s docentes. (0.25) |
|---|
| EXPRESIÓN (até 3 puntos) | Comenta moi ben a viñeta en español e Crea un xogo de palabras moi adecuado e pertinente, acompañado por un bo debuxo ou imaxe. (3) | Comenta adecuadamente a viñeta en español e Crea un xogo de palabras adecuado e pertinente. (2) | O comentario da viñeta en español e breve, simple ou inadecuado. Crea un xogo de palabras simple ou que non recolle o que se pedía, aínda realizando un debuxo, (1) | O comentario non está ben elaborado ou non é pertinente. O xogo de palabras non resulta adecuado. (0.25) |
|---|