Saltar navegación

10D. Día Internacional dos Dereitos Humanos

Documentos TV

O 10 de decembro de 2022, con motivo do Día dos Dereitos Humanos, Amnistía Internacional destacou que a España lle quedaba moito por facer en ámbitos como migración, sanidade, vivenda ou liberdade de expresión. TVE-1 incorporou nos contidos do seu telexornal esta breve reportaxe El retrato de los derechos humanos del fotoperiodista Javier Bauluz  (FONTE: TVE1). Pola contra, a TVG Marchas e concentracións en 17 cidades nas que se pediu que o PSOE non poña atrancos na Lei Trans

    Neste ano 2023, co mesmo motivo, ademais de ocupar espazo nos telexornais e en Informe Semanal, a TVE2 programamou unha fin de semana enteira dedicada aos Dereitos Humanos. Entre os programas destacou  Documentos TV co seu 75 anos, libres e iguais

    Documentos TV
    Documentos TV. 75 anos libres e iguais

    Tarefa Inicial

    Ao longo desta semana moitos telexornais van dedicar un tempo da súa grella de novas aos Dereitos Humanos. Mergúllate nas novidades televisivas durante sete días, pero faino cada día nunha canle de televisión distinta. E, mentres miras as noticias das distintas cadeas, recolle apuntamentos seguindo as indicacións do Caderno TIL. Toma notas do que nelas se di en relación aos DDHH,  seleccionando as ideas máis importantes para despois poder argumentar se eses Dereitos Humanos se cumpren ou non.

    Avaliación da tarefa

    Listaxe de verificación para avaliar a recollida de apuntamentos
     SINON
    1. Prestar atención para discriminar a información (diferenciar o importante do irrelevante).SI (1)NON (0)
    2. Usar palabras propias sen copiar ao ditado; salvo as datas, definicións, fórmulas, nomes propios...SI (1)NON (0)
    3. Anotar só as ideas principais, identificando os títulos de cada apartado.SI (1)NON (0)
    4. Organizar a información en parágrafos, separando as distintas ideas.erio 4SI (1)NON (0)
    5. Usar frechas para sinalar a relación entre ideas.SI (1)NON (0)
    6. Recoller a información de xeito coherente (que teña sentido).SI (1)NON (0)
    7. Incorporar, ademais de texto escrito, gráficas, debuxos, esquemas...SI (1)NON (0)
    8. Usar abreviaturas para aforrar tempo.SI (1)NON (0)
    9. Revisar os apuntamentos para comprobar se foi recollida a información de xeito adecuado.SI (1)NON (0)
    10. Anotar dúbidas para consultar á persoa docente ao final da explicación.SI (1)NON (0)
    • Actividade
    • Nome
    • Data
    • Puntuación
    • Notas
    • Reiniciar
    • Imprimir
    • Aplicar
    • Nova ventá

    Feito con eXeLearning (Nova ventá)