Respéctanse os dereitos humanos en España?

En 2021, en España, non se respectaron os dereitos humanos nestes aspectos:
- as autoridades non garantizaron acceso adecuado a servizos de saúde durante a pandemia
- persistiu a violencia contra as mulleres, aínda que foron tomadas medidas xurídicas
- as mulleres continuaron tendo dificultades para acceder a servizos de aborto
- o dereito á vivenda non está suficientemente protexido
- continuou sen reformarse a lexislación que restrinxe indebidamente o dereito á liberdade de expresión e de reunión pacífica
- persistiu o uso excesivo da forza por funcionarios encargados de facer cumprir a lei
- as autoridades non garantiron as condicións de acollida adecuadas e un procedemento de asilo xusto ás persoas que chegaron de forma irregular ás illas Canarias
- o goberno aprobou un proxecto de lei sobre os dereitos das vítimas da Guerra Civil e o franquismo, pero os tribunais seguiron a negarlles o acceso á xustiza.
(FONTE: Amnistía Internacional)