Saltar navegación

Temos dereitos!

O libro dos dereitos humanos

Despois de dúas semanas traballando arredor da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, chegou o momento de dar resposta á pregunta que nos faciamos ao inicio: Temos dereitos?  Ímolo facer desenvolvendo un proxecto para crear o produto final que cumpra o reto presentado nesta Situación de Aprendizaxe, contextualizada no 10D. Ese produto final será un libro multilingüe que expoña os 30 dereitos recollidos na DUDH fronte ao seu incumprimento no mundo actual. Para iso deberás realizar as seguintes tarefas, paso a paso.

RTVE. Guerra en Gaza
  1. Le os 30 artigos que recollen os Dereitos Humanos, neste libro ilustrado .
  2.  Por orde de lista, escolle os 5 dereitos que che correspondan , nesta páxina.
  3. Traduce eses dereitos ao portugués, ao catalán e ao castelán, coa axuda deste tradutor. (Do éuscaro encargarase a docente).
  4. Escolle 5 noticias que demostren o incumprimento de cada un deses dereitos, neste kiosko dixital.
  5. Crea en Canva unha presentación de 10 diapositivas nas que recollas:
  • en cada diapositiva impar cada un dos artigos da DUDH coa súa versión nas catro linguas 
  • en cada diapositiva par cada imaxe, portada de xornal ou noticia que evidnecien o incumprimento dese artigo

6. Comparte esa presentación coa persoa docente para que poida editala, reunindo nun único libro o labor realizado por ti e o resto de compañeiras e compañeiros.

Avaliación do produto final

Rúbrica para avaliar O libro dos dereitos humanos
 EXCELENTEBOMEDIOBAIXO
Lectura e selección dos 5 artigos correspondentesMoi ben comprendidos e moi ben seleccionados (1)Ben comprendidos e ben seleccionados (0.75)Ben seleccionados, pero sen comprender totalmente. (0.50)Baixa comprensión e/ou errónea selección. (0.25)
Tradución dos artigos ás tres linguas.Excelente tradución ás tres linguas. (2.5)Boa tradución ás tres linguas. (2)A tradución posúe diferente calidade segundo a lingua. (1.25)A tradución só está ben realizada a unha das linguas. (0.5)
Selección de noticias da prensa.Moi ben seleccionadas todas as noticias. (4)Moi ben seleccionadas 4 das noticias. (3)Moi ben seleccionadas 3 das noticias. (2)As noticias non foron ben seleccionadas ou só se seleccionaron 2 adecuadamente. (1)
Elaboración da presentación.Moi ben elaborada a presentación e enviada á persoa docente do xeito adecuado. (2.5)Ben elaborada a presentación e enviada á persoa docente do xeito adecuado. (2)A presentación foi elaborada pero non se compartiu adecuadamente. (1.25)A presentación non se elaborou adecuadamente e/ou non se enviou seguindo as indicacións dadas. (0.5)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá

Presentamos o Libro dos nosos dereitos

O libro dos nosos dereitos

Feito con eXeLearning (Nova ventá)