Tarefas finais
Chegamos ao final da secuencia didáctica, que non ao final do traballo arredor dos Dereitos Humanos, pois aínda non cumprimos co reto (Temos dereitos?!) e, ademais, o día 10D aínda é mañá. Agora toca recoller o traballo feito e sintetizalo, aplicando o aprendido na creación de dous novos textos, un da modalidade expositiva (en galego, seguindo o modelo da wikipedia) e outro da modalidade argumentativa (en castelán, seguindo o modelo de Amnistía Internacional).
.