Saltar navegación

ACTIVIDADES AUTÓNOMAS

ACTIVIDADE AUTÓNOMA

As actividades autónomas son actividades para realizar fóra da aula e fóra do horario lectivo. Trátase de dous modelos distintos de actividades, das que o alumnado escollerá unha. A primeira delas será responsabilidade exclusiva do alumnado, mentres que a segunda desenvolverase ao longo dos meses de novembro-decembro, no centro, baixo a coordinación da persoa docente.

A finalidade das mesmas é a creación do produto final da situación de aprendizaxe. Para o cal, o alumnado realizará a lectura da Antoloxía poética XX-XXI e preparará un poema para, primeiramente, intervir no recitado de poemas ante o muro de Rosalía o 24 de Febreiro e, despois, participar no concurso Rosalía sempre viva

Recitas, cantas ou rapeas?

Para a realización da actividade autónoma, podes preparar a interpretación do poema para recitalo, cantalo ou rapealo. Bótalle unha ollada ás interpretacións que se achegan a continuación e consulta na pestana AVALIACIÓN as indicacións incorporadas á rúbrica.

Cantigas medievais: Cancións ou poemas?



Poemas: Cantando ou recitando?

Romances: Cantando ou recitando?

Regueifa?

Rap?

Recitando

Feito con eXeLearning (Nova ventá)