Saltar navegación

SECUENCIA DIDÁCTICA

Obxectivo xeral: Crear conciencia cultural

Conciencia cultural: A competencia en conciencia e expresión culturais supón comprender e respectar o modo en que as ideas, as opinións, os sentimentos e as emocións se expresan e se comunican de forma creativa en distintas culturas e por medio dunha ampla gama de manifestacións artísticas e culturais. Implica tamén un compromiso coa comprensión, o desenvolvemento e a expresión das ideas propias e do sentido do lugar que se ocupa ou do papel que se desempeña na sociedade. Así mesmo, require a comprensión da propia identidade en evolución e do patrimonio cultural nun mundo caracterizado pola diversidade, así como a toma de conciencia de que a arte e outras manifestacións culturais poden supoñer unha maneira de mirar o mundo e de darlle forma.

FONTE: DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación
e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)