TÍTULO |
Son poeta porque me peta!
|
ETAPA |
2º Bacharelato. (LGL) |
TEMPORALIZACIÓN |
2º trimestre (10 sesións lectivas) |
DESCRICIÓN |
Esta Situación de Aprendizaxe (SA) continúa o segundo trimestre do curso e busca dar resposta ao reto "Recitas, cantas ou rapeas?" a través do recitado ou interpretación dun poema para participar no concurso Rosalía sempre viva. Ao igual que a anterior, esta SA xira arredor da necesidade, por parte do alumnado, de ler con autonomía obras relevantes e polas en relación co seu contexto sociohistórico e coa tradición literaria, examinando a pegada do seu legado na actualidade, para construír e compartir a súa propia interpretación argumentada das obras, crear e recrear obras de intención literaria e conformar progresivamente un mapa cultural. Para isto pártese do contexto do Día de Rosalía e úsase a descrición como modalidade textual e o recitado como reto, coa finalidade de percorrer un itinerario lector a través de poemas do século XX e XXI. Preténdese que o alumnado desenvolve lecturas comprensivas e sexa quen de interpretar e relacionar o que le con outras manifestacións artísticas, así como con manifestacións literarias doutras culturas e noutras linguas.
As competencias en cuxo desenvolvemento se incidirá especialmente son a CCL, CD, CC e CCEC.
Os obxectivos para o desenvolvemento sostíbel vinculados son o ODS4, ODS5, ODS10 e ODS16.
|
SECUENCIA DIDÁCTICA
|
A secuencia didáctica desta SA xira arredor da modalidade textual descritiva e perséguese a creación dun poema por parte do alumnado, tomando como modelo as creacións das e dos poetas galegos do século XX e XXI.
Os obxectivos desta secuencia didáctica son:
- Propiciar o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística (CCL), lendo con autonomía obras relevantes da literatura e poñéndoas en relación co seu contexto sociohistórico de produción, e coa tradición literaria anterior e posterior, e examinando a pegada do seu legado na actualidade, para construír e compartir a súa propia interpretación argumentada das obras; a través do coñecemento da poesía de vangardas e da poesía durante a ditadura franquista, elaborando comentarios literarios (orais e escritos) de textos dese período. Preténdese que o alumnado sexa quen de seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala, cun punto de vista crítico e persoal á vez que respectuoso coa propiedade intelectual, especialmente no marco da realización de traballos de investigación sobre temas do currículo ou vinculados ás obras literarias lidas (OBX6). (ODS 10 e ODS 16)
- Desenvolver a competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC), para o que o alumnado deberá realizar as súas propias producións culturais e artísticas (creación dun poema), para participar de xeito activo na promoción dos dereitos humanos e os procesos de socialización e de construción da identidade persoal e colectiva que se derivan da práctica artística; a través do coñecemento das e dos poetas de ante e posguerra e da actualidade. Preténdese que o alumnado sexa quen de ler, interpretar e valorar obras relevantes do patrimonio galego, lusófono e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permiten establecer vínculos entre textos diversos, para conformar un mapa cultural, para alargar as posibilidades de gozo da literatura e para crear textos de intención literaria (OBX8). (ODS 4 e ODS 16)
- Incidir no desenvolvemento da competencia cidadá (CC), argumentado ante problemas éticos e filosóficos fundamentais e de actualidade, afrontando con actitude dialogante a pluralidade de valores, crenzas e ideas, rexeitando todo tipo de discriminación e violencia, e promovendo activamente a igualdade e a corresponsabilidade efectiva entre mulleres e homes; a través da investigación sobre a presenza da muller na poesía actual e a elaboración dun pequeno documento audiovisual para a visibilización das poetas contemporáneas. Preténdese que o alumnado seleccione e lea de maneira autónoma obras relevantes da literatura contemporánea como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que se enriqueza progresivamente en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras, e compartir experiencias lectoras para construír a propia identidade lectora e gozar da dimensión social da lectura (OBX7). (ODS 5 e ODS 10)
|
PRODUTO FINAL
|
Actividade autónoma. A través desta actividade o alumnado preparará o recitado dalgún dos poemas lidos para presentarse ao concurso Rosalía sempre viva e dar resposta ao reto proposto inicialmente, "Recitas, cantas ou rapeas?". O alumnado deberá, previamente, realizar a lectura desta antoloxía:
Lida a obra, escollerá un dos poemas para preparar o seu recitado ou interpretación para o concurso:
|
PROBA
|
Proba. Ao final da SA, o alumnado deberá confeccionar e realizar unha proba, como tarefa de reforzo.
Dúas son as finalidades que persegue esta tarefa:
- Reforzar as destrezas e os saberes adquiridos ao longo da situación de aprendizaxe, para mellorar o desenvolvemento competencial, especialmente o referido á CCL.
- Practicar o modelo de proba PAU.
|