Saltar navegación

PROBA

TAREFA DE REFORZO

Cando esteamos a piques de finalizar a situación de aprendizaxe, deberás deseñar e entregar a "Proba" coa que che gustaría que a docente avaliase o teu grao de consecución dos obxectivos desta SA3. Deberás confeccionala ao longo do mes, durante o proceso de realización das tarefas da secuencia didáctica e deberás cumprir con estes requisitos:

  1. Só poderás incorporar á mesma preguntas relacionadas coas tarefas realizadas. 
  2. Seguirás o modelo PAU 1 ou 2 para LGL que se atopa na páxina web da CIUG.
  3. Deberá poder realizarse en 50 minutos.
  4. Entregarala cando a persoa docente volo indique.

A docente escollerá entre todas as propostas a que considere máis adecuada e esa será a "Proba de avaliación" correspondente á SA3 que todo o alumnado deberá realizar na aula o  último día de clase que se lle dedique a esta situación de aprendizaxe.

Dúas son as finalidades que persegue esta tarefa:

  1. Reforzar as destrezas e os saberes adquiridos ao longo da situación de aprendizaxe, para mellorar o desenvolvemento competencial, especialmente o referido á CCL.
  2. Practicar o modelo de proba PAU.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)