Saltar navegación

Produto Final

POEMA. Concurso Rosalía sempre viva

O produto final da SA2 consiste en preparar o recitado ou interpretación dun poema para participar no Concurso Rosalía sempre viva.

A educación de calidade, a igualdade entre homes e mulleres e a defensa da xustiza e da paz son os tres Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) que se perseguen nesta situación de aprendizaxe. Con respecto ao primeiro, preténdese que o ensino sexa o camiño para afianzar a identidade cultural e colectiva propia, neste caso a través da poesía galega contemporánea, nomeadamente a través da figura de Rosalía, propiciando a creatividde individual. En canto ao segundo, preténdese visibilizar o enormo éxito das mulleres na poesía galega actual, na defensa dos valores de igualdade e inclusión. Finalmente, en relación ao terceiro, preténdese vincular a conciencia cultural ao respecto polos dereitos humanos.

Estes tres ODS forman parte dos 17 obxectivos globais adoptados polas Nacións Unidas en 2015. Estes son un grupo de obxectivos relativos ao desenvolvemento internacional futuro, pois a intención é acadalos en 2030. Constitúen unha chamada universal para poñer fin á pobreza, á fame, á sida e á discriminación contra mulleres e nenas; protexer o planeta e garantizar que todas as persoas desfruten de paz e prosperidade. Perseguen a sostibilidade social, económica e ambiental, priorizando o progreso dos menos desenvolvidos; e consideran que para alcanzalos son necesarios os recursos financeiros de toda a sociedade, a tecnoloxía, o coñecemento e a creatividade. (ODS. ONU)

ODS
CEIP Caión. ODS (Dominio público)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)