Saltar navegación

Concreción curricular

Bloque 3 (B2 e B4) - LGL 2ºBacharelato

Obxectivos

OBX2. Comprender e interpretar textos orais e multimodais, con especial atención aos textos académicos e dos medios de comunicación, recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, para formarse opinión e para ampliar as posibilidades de gozo e lecer. (Descritores operativos: CCL2, CP2, STEM1, CD2, CD3, CPSAA4, CC3)

OBX3. Producir textos orais e multimodais, con atención preferente aos de carácter académico, con rigor, fluidez, coherencia, cohesión e o rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais, como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais. (Descritores operativos: CCL1, CCL3, CCL5, CP2, STEM1, CD2, CD3, CC2)

OBX4. Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura con especial atención a textos académicos e dos medios de comunicación, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, integrando a información explícita e realizando as inferencias necesarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade, para dar resposta a necesidades comunicativas para construír coñecemento. (Descritores operativos: CCL2, CCL3, CCL5, CP2, STEM4, CD1, CPSAA4, CC3)

OBX5. Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos, con especial atención aos xéneros discursivos do ámbito académico, para construír coñecemento e dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas. (Descritores operativos: CCL1, CCL3, CCL5, STEM1, CD2, CD3, CPSAA5, CC2)

OBX6. Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala, cun punto de vista crítico e persoal á vez que respectuoso coa propiedade intelectual, especialmente no marco da realización de traballos de investigación sobre temas do currículo ou vinculados ás obras literarias lidas. (Descritores operativos: CCL3, CD1, CD2, CD3, CD4, CPSAA4, CC2, CE3)

OBX7. Seleccionar e ler de maneira autónoma obras relevantes da literatura contemporánea como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que se enriqueza progresivamente en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras, e partillar experiencias lectoras para construír a propia identidade lectora e gozar da dimensión social da lectura. (Descritores operativos: CCL1, CCL4, CD3, CPSAA1.1, CCEC2, CCEC3.1, CCEC3.2)

OBX8. Ler, interpretar e valorar obras relevantes do patrimonio galego, lusófono e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permiten establecer vínculos entre textos diversos, para conformar un mapa cultural, para alargar as posibilidades de gozo da literatura e para crear textos de intención literaria. (Descritores operativos: CCL1, CCL4, CC1, CCEC1, CCEC2, CCEC3.1, CCEC3.2, CCEC4.2)

OBX9. Consolidar e afondar no coñecemento explícito e sistemático sobre a estrutura da lingua e os seus usos, e reflexionar de maneira autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía adecuada, para desenvolver a conciencia lingüística, para aumentar o repertorio comunicativo e para mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita como de comprensión e interpretación crítica. (Descritores operativos: CCL1, CCL2, CP2, STEM1, STEM2)

OBX10. Pór as prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, a resolución dialogada dos conflitos e a igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos de poder a través da palabra, para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético e democrático da linguaxe. (Descritores operativos: CCL1, CCL5, CP3, CD3, CPSAA3.1, CC1, CC2)

Criterios de avaliación

CA2.1 e CA2.7 Identificar o sentido global, a estrutura, a información relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais especializados propios de diferentes ámbitos analizando a interacción entre os diferentes códigos. (OBX2 e OBX5)

CA2.3 e CA3.1 Realizar exposicións e argumentacións orais formais extensas e nas que se recollan diferentes puntos de vista, con diferente grao de planificación sobre temas de interese científico e cultural e de relevancia académica e social axustándose ás convencións propias de cada xénero discursivo e facelo con fluidez, rigor, coherencia, cohesión e o rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais. (OBX3)

CA2.4  Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais (formais e informais) e no traballo en equipo con actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e cortesía lingüística. (OBX3)

CA2.5  Elaborar textos académicos coherentes,  cohesionados e co rexistro adecuado arredor de temas curriculares ou de interese social e cultural, precedidos dun proceso de planificación que atenda á situación comunicativa, destinatario, propósito e canle, e de redacción e revisión de borradores entre iguais ou utilizando outros instrumentos de consulta. (OBX4)

CA2.6 e CA4.1 Incorporar procedementos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical. (OBX4)

CA2.8 e CA3.2 Valorar criticamente o contido e a forma de textos especializados avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados. (OBX5)

CA2.9  Elaborar traballos de investigación de maneira autónoma, en diferentes soportes, sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social que impliquen localizar, seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes, con especial atención á xestión do seu almacenamento e recuperación, así como á avaliación da súa fiabilidade e pertinencia; organizala e integrala en esquemas propios; e reelaborala e comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista crítico e respectuoso coa propiedade intelectual. (OBX6)

CA3.3  Elixir e ler de maneira autónoma obras relevantes que se relacionen coas propostas de lectura guiada, incluíndo o ensaio literario e obras actuais que establezan conexións coa tradición, e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural mediante a explicación argumentada dos criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e da experiencia de lectura. (OBX7)

CA3.4 Compartir a experiencia lectora utilizando unha metalinguaxe específica e elaborar unha interpretación persoal establecendo vínculos argumentados con outras obras e outras experiencias artísticas e culturais. (OBX7)

CA3.5 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico e coa tradición literaria, utilizando unha metalinguaxe específica e incorporando xuízos de valor vinculados á apreciación estética das obras. (OBX8)

CA3.6 Desenvolver proxectos de investigación que se concreten nunha exposición oral, un ensaio ou unha presentación multimodal, establecendo vínculos argumentados entre as obras da literatura galega dos séculos XX e XXI obxecto de lectura guiada e outros textos, como algunha mostra do ámbito lusófono, e manifestacións artísticas de onte e de hoxe, en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe, recursos expresivos e valores éticos e estéticos, e explicitando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura. (OBX8)

CA3.7 e CA4.2 Revisar os propios textos e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica, e identificar e solucionar problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso. (OBX9)

CA3.8  Identificar e evitar os usos discriminatorios da lingua, os abusos de poder a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e a análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas. (OBX10)

CA4.3  Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica. (OBX9)

Descritores competenciais

CCL1 - Exprésase de xeito oral, escrito, signado ou multimodal con fluidez, coherencia, corrección e adecuación aos diferentes contextos sociais e académicos, e participa en interaccións comunicativas con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para intercambiar información, crear coñecemento e argumentar as súas opinións como para establecer e coidar as súas relacións interpersoais.

CCL2 - Comprende, interpreta e valora con actitude crítica textos orais, escritos, signados ou multimodais dos distintos ámbitos, con especial énfase nos textos académicos e dos medios de comunicación, para participar en diferentes contextos de maneira activa e informada, e para construír coñecemento.

CCL3 - Localiza, selecciona e contrasta de xeito autónomo información procedente de diferentes fontes avaliando a súa fiabilidade e a súa pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e intégraa e transfórmaa en coñecemento para a comunicar de maneira clara e rigorosa adoptando un punto de vista creativo e crítico, á par que respectuoso coa propiedade intelectual.

CCL4 - Le con autonomía obras relevantes da literatura e ponas en relación co seu contexto sociohistórico de produción, e coa tradición literaria anterior e posterior, e examina a pegada do seu legado na actualidade, para construír e compartir a súa propia interpretación argumentada das obras, crear e recrear obras de intención literaria e conformar progresivamente un mapa cultural.

CCL5 - Pon as súas prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, evitando e rexeitando os usos discriminatorios, así como os abusos de poder, para favorecer a utilización non só eficaz senón tamén ética dos sistemas de comunicación.

CP2 - A partir das súas experiencias, desenvolve estratexias que lle permitan ampliar e enriquecer de forma sistemática o seu repertorio lingüístico individual co fin de se comunicar de xeito eficaz.

CP3 - Coñece e valora criticamente a diversidade lingüística e cultural presente na sociedade, integrándoa no seu desenvolvemento persoal e antepondo a comprensión mutua como característica central da comunicación, para fomentar a cohesión social.

STEM1 - Selecciona e utiliza métodos indutivos e dedutivos propios do razoamento matemático en situacións propias da modalidade elixida e emprega estratexias variadas para a resolución de problemas, analizando criticamente as solucións e reformulando o procedemento, en caso necesario.

STEM2 - Utiliza o pensamento científico para entender e explicar fenómenos relacionados coa modalidade elixida, confiando no coñecemento como motor de desenvolvemento, formulándose hipóteses e contrastándoas ou comprobándoas mediante a observación, a experimentación e a investigación, utilizando ferramentas e instrumentos adecuados, apreciando a importancia da precisión e a veracidade, e amosando unha actitude crítica acerca do alcance e das limitacións dos métodos empregados.

STEM4 - Interpreta e transmite os elementos máis relevantes de investigacións de forma clara e precisa, en diferentes formatos (gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas e símbolos), aproveitando a cultura dixital con ética e responsabilidade e valorando de xeito crítico a contribución da ciencia e da tecnoloxía no cambio das condicións de vida, para compartir e construír novos coñecementos.

CD1 - Realiza procuras avanzadas comprendendo como funcionan os motores de procura en internet, aplicando criterios de validez, calidade, actualidade e fiabilidade, seleccionando os resultados de maneira crítica e organizando o almacenamento da información adecuadamente e con seguridade, para a referenciar e a reutilizar posteriormente.

CD2 - Crea, integra e reelabora contidos dixitais de forma individual ou colectiva, aplicando medidas de seguridade e respectando sempre os dereitos de autoría dixital, para ampliar os seus recursos e xerar novo coñecemento.

CD3 - Selecciona, configura e utiliza dispositivos dixitais, ferramentas, aplicacións e servizos en liña, e incorpóraos na súa contorna persoal de aprendizaxe dixital, para se comunicar, traballar colaborativamente e compartir información, xestionando de maneira responsable as súas accións, a presenza e a visibilidade na rede, e exercendo unha cidadanía dixital activa, cívica e reflexiva.

CD4 - Avalía riscos e aplica medidas ao usar as tecnoloxías dixitais para protexer os dispositivos, os datos persoais, a saúde e o ambiente, e fai un uso crítico, legal, seguro, saudable e sustentable desas tecnoloxías.

CPSAA1.1 - Fortalece o optimismo, a resiliencia, a autoeficacia e a procura de obxectivos de xeito autónomo para facer eficaz a súa aprendizaxe.

CPSAA3.1 - Amosa sensibilidade cara ás emocións e as experiencias das demais persoas, sendo consciente da influencia que exerce o grupo nas persoas, para consolidar unha personalidade empática e independente e desenvolver a súa intelixencia.

CPSAA4 - Compara, analiza, avalía e sintetiza datos, información e ideas dos medios de comunicación, para obter conclusións lóxicas de forma autónoma, valorando a fiabilidade das fontes.

CPSAA5 - Planifica a longo prazo avaliando os propósitos e os procesos da construción do coñecemento, relacionando os campos deste para desenvolver procesos autorregulados de aprendizaxe que lle permitan transmitir ese coñecemento, propor ideas creativas e resolver problemas con autonomía.

CC1 - Analiza feitos, normas e ideas relativas á dimensión social, histórica, cívica e moral da súa propia identidade, para contribuír á consolidación da súa madureza persoal e social, adquirir unha conciencia cidadá e responsable, desenvolver a autonomía e o espírito crítico, e establecer unha interacción pacífica e respectuosa coas demais persoas e coa contorna.

CC2 - Recoñece, analiza e aplica en diversos contextos, de forma crítica e consecuente, os principios, os ideais e os valores relativos ao proceso de integración europea, a Constitución española, os dereitos humanos e a historia e o patrimonio cultural propios, á vez que participa en todo tipo de actividades grupais cunha actitude fundamentada nos principios e nos procedementos democráticos, o compromiso ético coa igualdade, a cohesión social, o desenvolvemento sustentable e o logro da cidadanía mundial.

CC3 - Adopta un xuízo propio e argumentado ante problemas éticos e filosóficos fundamentais e de actualidade, afrontando con actitude dialogante a pluralidade de valores, crenzas e ideas, rexeitando todo tipo de discriminación e violencia, e promovendo activamente a igualdade e a corresponsabilidade efectiva entre mulleres e homes.

CE3 - Leva a cabo o proceso de creación de ideas e solucións anovadoras e toma decisións, con sentido crítico e ético, aplicando coñecementos técnicos específicos e estratexias áxiles de planificación e xestión de proxectos, e reflexiona sobre o proceso realizado e o resultado obtido, para elaborar un prototipo final de valor para as demais persoas, considerando a experiencia tanto de éxito como de fracaso unha oportunidade para aprender.

CCEC1 - Reflexiona, promove e valora criticamente o patrimonio cultural e artístico de calquera época, contrastando as súas singularidades e partindo da súa propia identidade, para defender a liberdade de expresión, a igualdade e o enriquecemento inherente á diversidade.

CCEC2 - Investiga as especificidades e as intencionalidades de diversas manifestacións artísticas e culturais do patrimonio, mediante unha postura de recepción activa e deleite, diferenciando e analizando os contextos, os medios e os soportes en que se materializan, así como as linguaxes e os elementos técnicos e estéticos que as caracterizan.

CCEC3.1 - Expresa ideas, opinións, sentimentos e emocións con creatividade e espírito crítico, realizando con rigor as súas propias producións culturais e artísticas, para participar de xeito activo na promoción dos dereitos humanos e os procesos de socialización e de construción da identidade persoal que se derivan da práctica artística.

CCEC3.2 - Descobre a autoexpresión, a través da interactuación corporal e a experimentación con diferentes ferramentas e linguaxes artísticas, enfrontándose a situacións creativas cunha actitude empática e colaborativa, e con autoestima, iniciativa e imaxinación.

CCEC4.2 - Planifica, adapta e organiza os seus coñecementos, as súas destrezas e as súas actitudes para responder con creatividade e eficacia aos desempeños derivados dunha produción cultural ou artística, individual ou colectiva, utilizando diversidade de linguaxes, códigos, técnicas, ferramentas e recursos plásticos, visuais, audiovisuais, musicais, corporais ou escénicos, valorando tanto o proceso como o produto final e comprendendo as oportunidades persoais, sociais, inclusivas e económicas que ofrecen.

Contidos

Bloque 2. Comunicación

C2.2 Os xéneros discursivos desde o punto de vista da comprensión, produción e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.

C2.3 Procesos de comprensión, produción e análise crítica de diversos tipos de textos orais, escritos e multimodais.

C2.4  Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.

Bloque 3. Educación literaria

C3.1 Lectura autónoma de obras de autoras e autores relacionadas coas propostas de lectura guiada.

C3.2 - Lectura guiada de obras relevantes da literatura galega dos séculos XX e XXI, inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero ao redor de tres eixos: A narrativa galega de 1916 a comezos do XXI.

Bloque 4. Reflexión sobre a lingua

C4.1.2 - A lingua como sistema interconectado tendo en conta os diferentes niveis: fonolóxico, morfolóxico, sintáctico e semántico.

C4.1.6 - Uso autónomo de dicionarios, manuais de gramática e outras fontes de consulta en soporte analóxico e dixital para obter información gramatical de carácter xeral.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)