Saltar navegación

ACTIVIDADES AUTÓNOMAS

ACTIVIDADE AUTÓNOMA

As actividades autónomas son actividades para realizar fóra da aula e fóra do horario lectivo. Trátase de dous modelos distintos de actividades, das que o alumnado escollerá unha. A primeira delas será responsabilidade exclusiva do alumnado, mentres que a segunda desenvolverase ao longo dos meses de novembro-decembro, no centro, baixo a coordinación da persoa docente.

A finalidade das mesmas é a creación do produto final da situación de aprendizaxe. Para o cal, o alumnado realizará a lectura da obra de Castelao, Cousas, e preparará o relato creado na primeira secuencia didáctica para a súa presentación e participación no Certame Artístico Cousas. En caso de que non desexe presentar o relato ao Certame, deberá participar como grupo de traballo na organización do certame e na entrega do premio. 

Para chegar a ese produto final o alumnado poderá escoller entre as dúas OPCIÓNS que se propoñen a continuación.

OPCIÓN 2

Actividade de lectura.

  • Castelao (1926-1929). "Cousas"

Cada alumna, cada alumno, evidenciará a lectura da obra a través da creación do relato, como se indicou na primeira secuencia didáctica.

Se unha alumna ou un alumno non desexa presentar o seu relato ao Certame Artístico Cousas, deberá escoller outra obra deste período para realizar unha lectura autónoma, que será avaliada a través dunha entrevista coa docente.

Para seguir lendo...

  • Un ollo de vidro e Retrincos (Castelao, 1921 e 1934)
  • Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (V. Risco, 1919)
  • Dos arquivos do trasno (R. Dieste, 1926)
  • Á lus do candil (A. Fole, 1953)
  • As crónicas do sochantre (A. Cunqueiro, 1956)
  • A esmorga (E. Blanco-Amor, 1959)
  • O crepúsculo e as formigas e Arraianos (XL. Méndez Ferrín, 1961 e 1991)
  • En salvaxe compaña e O lapis do carpinteiro e (M. Rivas, 1994 e 1998)
  • A memoria da choiva (Pedro Feijoo, 2013)
  • Escarlatina, a cociñeira defunta (Ledicia Costas, 2015)
  • As capas da cebola (Rosa Aneiros, 2024)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)