TAREFA DE REFORZO
Cando esteamos a piques de finalizar a situación de aprendizaxe, deberás deseñar e entregar a "Proba" coa que che gustaría que a docente avaliase o teu grao de consecución dos obxectivos desta SA2. Deberás confeccionala ao longo do mes, durante o proceso de realización das tarefas de cada unha das secuencias didácticas que configuran a SA2 e deberás cumprir con estes requisitos:
- Só poderás incorporar á mesma preguntas relacionadas coas tarefas realizadas.
- Seguirás o modelo PAU para LGL que se atopa na páxina web da CIUG.
- Deberá poder realizarse en 50 minutos.
- Entregarala cando a persoa docente volo indique.
A docente escollerá entre todas as propostas a que considere máis adecuada E esa será a "Proba de avaliación" correspondente á SA12 que todo o alumnado deberá realizar na aula o último día de clase que se lle dedique a esta situación de aprendizaxe.
Dúas son as finalidades que persegue esta tarefa:
- Reforzar as destrezas e os saberes adquiridos ao longo da situación de aprendizaxe, para mellorar o desenvolvemento competencial, especialmente o referido á CCL.
- Practicar o modelo de proba PAU.
A persoa docente engadirá á proba escollida os CRITERIOS DE CORRECCIÓN