
SD1. Cóntame un conto!

Obxectivo xeral: Crear conciencia cultural galega
Conciencia cultural galega: Tamén chamada pangaleguismo, é a defensa das formas e valores da conciencia cívico-cultural galega dentro e fóra dos lindeiros da Galiza territorial. A palabra foi acuñada en 1918 no contexto das Irmandades da Fala por Antón Villar Ponte para referirse á consolidación nacional e máis á expansión internacional da identidade galega. O concepto veu sendo empregado por diversos intelectuais galegos desde entón, facendo referencia á cuestión da dualidade da identidade galega (Galiza + diáspora galega) ou relacionándoo con outros termos como galaicidade (termo acuñado por Valentín Paz-Andrade), galeguidade (no senso que lle daba Ramón Otero Pedrayo) e galusofonía.
FONTE: Galipedia
Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de Antón Vilar Ponte. Recollen e potencian as aspiracións galeguistas do Provincialismo e o Re-xionalismo. Un dos seus principios fundamentais é a dignificación e promoción da lingua galega. Presentan, ademais das reivindicacións culturais, un ideario político ben definido. Supoñen o inicio do nacionalismo. O seu voceiro é a revista A Nosa Terra.
Precoñecemento
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial 4.0