Saltar navegación

Tarefa Final

A partir dos textos de Cousas, de Castelao, crea un relato seguindo as indicacións que se achegan máis abaixo.

Unha narración é a maneira de contar unha secuencia o una serie de accións ou feitos, reais ou imaxinarios, que lles suceden a uns personaxes. Isto ocorre nun lugar concreto e durante unha cantidade de tempo determinada. Quen conta a historia, relato ou conto, pode facelo de varias formas para xerar suspense, sorpresa, comicidade, etc. O texto final é o produto de múltiples revisións e recortes sobre a primeira versión. Percíbese unha primeira historia, que foi reducida nas palabras exactas, as xustas e necesarias (como na poesía).

PASOS A SEGUIR

  1. Revisa todos os textos vistos nesta secuencia didáctica.
  2. Repasa a rúbrica para a Avaliación de relatos breves.
  3. Sigue as indicacións para a creación dun relato breve.
  4. Esboza un borrador, dando resposta a cada apartado das indicacións.
  5. Respecta as indicacións do Caderno TIL para a presentación de tarefas.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)