Artigo ensaístico
A partir da información que se achega nos Documento 1 e Documento 2, que atoparás a continuación, e tendo en conta a información resultante das tarefas previas, escribe un artigo ensaístico arredor dun destes asuntos (o que ti escollas), incorporando aos teus argumentos citas do documento consultado:
- A morte na Literatura Galega a través de tres relatos representativos das etapas do Século XX.
- A ausencia e a presenza da muller na prosa da Idade Contemporánea.
PASOS A SEGUIR
-
- Repasa a rúbrica para a Avaliación de producións textuais escritas.
- Revisa todos os documentos vistos nesta secuencia didáctica.
-
- Opción 1. Escolle tres relatos (un por cada período do século XX) para analizar a presenza da morte neles.
- Opción 2. Revisa a presentación sobre a Historia alternativa da Literatura Galega para atopar a presenza de narradoras.
- Le comprensivamente o documento 1 ou o documento 2 e escolle citas para soster os teus argumentos.
- Sigue as indicacións do documento Indicacións para elaborar un artigo ensaístico.
- Escribe o artigo respectando as propiedades textuais, con corrección lingüística, riqueza e precisión léxica e seguindo as indicacións do Caderno TIL para a presentación de tarefas.