TÍTULO | Cóntame un conto! |
ETAPA | 2º Bacharelato. (LGL) |
TEMPORALIZACIÓN | 1º trimestre (15 sesións lectivas) |
DESCRICIÓN |
Esta Situación de Aprendizaxe (SA) continúa o primeiro trimestre do curso e busca dar resposta ao reto "Cóntame un conto!" a través da creación dun relato para presentar a un certame literario. A SA xira arredor da necesidade de ler con autonomía obras relevantes e polas en relación co seu contexto sociohistórico e coa tradición literaria, examinando a pegada do seu legado na actualidade, para construír e compartir a súa propia interpretación argumentada das obras, crear e recrear obras de intención literaria e conformar progresivamente un mapa cultural. Para isto pártese do contexto do Samaín e úsase o tema da morte como fío condutor entre as tres secuencias didácticas coa finalidade de describir un itinerario lector a través de relatos do século XX. Preténdese que o alumnado desenvolve lecturas comprensivas e sexa quen de interpretar e relacionar o que le con outras manifestacións artísticas, así como con manifestacións literarias doutras culturas e noutras linguas. As competencias en cuxo desenvolvemento se incidirá especialmente son a CCL, CD, CC e CCEC. Os obxectivos para o desenvolvemento sostíbel vinculados son o ODS4, ODS5, ODS10 e ODS16. |
SECUENCIAS DIDÁCTICAS |
O obxectivo desta primeira secuencia didáctica é desenvolver a competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC), realizando con rigor as súas propias producións culturais e artísticas, para participar de xeito activo na promoción dos dereitos humanos e os procesos de socialización e de construción da identidade persoal e colectiva que se derivan da práctica artística; a través do coñecemento dos narradores da época Nós e tomando como modelo as Cousas de Castelao para a creación dun relato propio. Preténdese que o alumnado sexa quen de ler, interpretar e valorar obras relevantes do patrimonio galego, lusófono e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permiten establecer vínculos entre textos diversos, para conformar un mapa cultural, para alargar as posibilidades de gozo da literatura e para crear textos de intención literaria (OBX8). (ODS 4 e ODS 16)
O obxectivo desta segunda secuencia didáctica é propiciar o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística (CCL), lendo con autonomía obras relevantes da literatura e poñéndoas en relación co seu contexto sociohistórico de produción, e coa tradición literaria anterior e posterior, e examinando a pegada do seu legado na actualidade, para construír e compartir a súa propia interpretación argumentada das obras; a través do coñecemento da narrativa durante a ditadura franquista e elaborando comentarios e crítica literaria de textos dese período. Preténdese que o alumnado sexa quen de seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala, cun punto de vista crítico e persoal á vez que respectuoso coa propiedade intelectual, especialmente no marco da realización de traballos de investigación sobre temas do currículo ou vinculados ás obras literarias lidas (OBX6). (ODS 10 e ODS 16)
O obxectivo desta terceira secuencia didáctica, incidir no desenvolvemento da competencia cidadá (CC), argumentado ante problemas éticos e filosóficos fundamentais e de actualidade, afrontando con actitude dialogante a pluralidade de valores, crenzas e ideas, rexeitando todo tipo de discriminación e violencia, e promovendo activamente a igualdade e a corresponsabilidade efectiva entre mulleres e homes; a través da investigación sobre a presenza da muller na narrativa actual e a elaboración dun pequeno ensaio para a visibilización das narradoras contemporáneas. Preténdese que o alumnado seleccione e lea de maneira autónoma obras relevantes da literatura contemporánea como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que se enriqueza progresivamente en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras, e compartir experiencias lectoras para construír a propia identidade lectora e gozar da dimensión social da lectura (OBX7). (ODS 5 e ODS 10) |
PRODUTO FINAL |
Actividade autónoma. A través desta actividade o alumnado presentará un relato ao Certame Artístico Cousas para dar resposta ao reto proposto inicialmente, "Cóntame un conto!". O alumnado deberá, previamente, realizar a lectura desta obra:
Lida a obra, escollerase un dos textos como modelo a seguir para a creación propia, que posteriormente será presentado ao certame: |
PROBA |
Proba. Ao final da SA, o alumnado deberá confeccionar e realizar unha proba, como tarefa de reforzo. Dúas son as finalidades que persegue esta tarefa:
|
Cóntame un conto!
Presentación
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial 4.0