Saltar navegación

Tarefa Final

TF. Explica e argumenta a interpretación dun dos relatos lidos a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico e coa tradición literaria, utilizando unha metalinguaxe específica e incorporando xuízos de valor vinculados á apreciación estética das obras, a través da elaboración dun comentario literario.

Con toda a información recollida e creada a partir das tarefas realizadas ao longo desta secuencia didáctica e seguindo as indicacións que se dan a continuación, deberás elaborar un comentario literario do relato que a docente indique.

PASOS A SEGUIR:

  1. Revisa a rúbrica de avaliación, premendo na pestana.
  2. Revisa toda a información recollida arredor do contexto, dos textos e das características peculiares das súas autoras e autores.
  3. Le detidamente as Indicacións para elaborar comentarios literarios e o modelo escrito que as acompaña.
  4. Prepara o teu comentario servíndote dun borrador incorporando os contidos pertinentes e respectando a estrutura sinalada nas Indicacións.
  5. Escribe o teu comentario respectando as propiedades textuais, con corrección lingüística e cun léxico rico e preciso.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)