Saltar navegación

Produto Final

RELATO. Certame Artístico Cousas

O produto final da SA2 consiste en participar no Certame Artístico Cousas, ben presentando un relato, ben formandoparte do grupo de traballo que o organiza

A educación de calidade, a igualdade entre homes e mulleres e a defensa da xustiza e da paz son os tres Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) que se perseguen nesta situación de aprendizaxe. Con respecto ao primeiro, preténdese que o ensino sexa o camiño para afianzar a identidade cultural e colectiva propia, neste caso a través da narrativa galega contemporánea, nomeadamente a través da figura de Castelao, propiciando a creatividde individual. En canto ao segundo, preténdese visibilizar a ausencia-presenza das mulleres na narrativa galega contemporánea, na defensa dos valores de igualdade e inclusión. Finalmente, en relación ao terceiro, preténdese vincular Castelao e a paz, por ser o rianxeiro quen loitou no seu momento como o político máis destacado no exilio galego pola recuperación da democracia no estado español.

Estes tres ODS forman parte dos 17 obxectivos globais adoptados polas Nacións Unidas en 2015. Estes son un grupo de obxectivos relativos ao desenvolvemento internacional futuro, pois a intención é acadalos en 2030. Constitúen unha chamada universal para poñer fin á pobreza, á fame, á sida e á discriminación contra mulleres e nenas; protexer o planeta e garantizar que todas as persoas desfruten de paz e prosperidade. Perseguen a sostibilidade social, económica e ambiental, priorizando o progreso dos menos desenvolvidos; e consideran que para alcanzalos son necesarios os recursos financeiros de toda a sociedade, a tecnoloxía, o coñecemento e a creatividade. (ODS. ONU)

ODS
CEIP Caión. ODS (Dominio público)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)