Saltar navegación

Tarefa Inicial

TAREFA INICIAL: Reflexión

Despois de ler o comentario que a ex-alumna do centro, Laura Rubio, publicou en marzo de 2017 no blog de aula, arredor do relato de Rafael Dieste, Sobre a morte de Bieito, e tendo en conta que na secuencia didáctica anterior realizouse na aula a lectura e o comentario dese texto; participa no coloquio achegando as características que consideres que debe cumprir o comentario literario dun texto narrativo e a valoración que che merece este comentario.

Precoñecemento

Diferenza:

  • Lectura guiada de Os lobos (FOLE, A. Á lus do candil (1952)), por ogalego.eu
  • Comentario literario de A orella dereita de Antón Leivas (CUNQUEIRO, A. Os outros feirantes (1971)), por GalegoDaEstación
  • Análise de Os biosbardos (BLACO-AMOR, E. (1962), por Galipedia
  • Crítica literaria de Memorias dun neno labrego (NEIRA VILAS, X. (1961)), por Iolanda Galanes Santos
  • Resumos dos relatos de O crepúsculo e as formigas (MÉNDEZ FERRÍN, XL (1961)), por Galipedia

Feito con eXeLearning (Nova ventá)