ACTIVIDADE AUTÓNOMA
As actividades autónomas son actividades para realizar fóra da aula e fóra do horario lectivo. Trátase de dous modelos distintos de actividades, das que o alumnado escollerá unha. A primeira delas será responsabilidade exclusiva do alumnado, mentres que a segunda desenvolverase ao longo dos meses de outubro-novembro, no centro, baixo a coordinación da persoa docente.
A finalidade das mesmas é a creación do produto final da situación de aprendizaxe. Neste caso, a través destas actividades, cada alumna e alumno realizará ou un booktube ou unha reportaxe que levará por título Somos diverSOS.
Para chegar a ese produto final o alumnado poderá escoller entre as dúas OPCIÓNS que se propoñen a continuación.