Saltar navegación

Concreción curricular

Bloque 1 (B2 e B4) - LGL 2ºBacharelato

Contidos

Bloque 1. As linguas e os seus falantes

C1.1 As linguas da Península Ibérica e as variedades dialectais do galego.

C1.2 Estratexias avanzadas da reflexión interlingüística e sociolingüística.

C1.5 Os medios de comunicación e as redes sociais nos procesos de normalización lingüística.

C1.6 Estratexias de detección de prexuízos e estereotipos lingüísticos coa finalidade de combatelos.

C1.7 Semellanzas e diferenzas lingüísticas e discursivas máis salientables entre as linguas da Península Ibérica, contrastándoas en manifestacións orais, escritas e multimodais.

3. Bloque 2. Comunicación

C2.2 Os xéneros discursivos desde o punto de vista da comprensión, produción e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.

C2.3 Procesos de comprensión, produción e análise crítica de diversos tipos de textos orais, escritos e multimodais.

C2.4  Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.

Bloque 3. Educación literaria

C3.1 Lectura autónoma de obras de autoras e autores relacionadas coas propostas de lectura guiada.

Bloque 4. Reflexión sobre a lingua

C4.1 Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha metalinguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas. 

Obxectivos

OBX1. Explicar e apreciar a diversidade lingüística do mundo a partir do coñecemento da realidade plurilingüe e pluricultural da Península Ibérica (e, máis concretamente, do portugués, catalán e éuscaro) e a riqueza dos bloques e áreas dialectais do galego, así como da reflexión sobre os fenómenos do contacto entre linguas, para favorecer a reflexión interlingüística, para combater os estereotipos e prexuízos lingüísticos e para valorar esta diversidade como fonte de patrimonio cultural. (Descritores operativos: CCL1, CCL5, CP2, CP3, CC1, CC2, CCEC1)

OBX10. Pór as prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, a resolución dialogada dos conflitos e a igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos de poder a través da palabra, para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético e democrático da linguaxe. (Descritores operativos: CCL1, CCL5, CP3, CD3, CPSAA3, CC1, CC2)

OBX2. Comprender e interpretar textos orais e multimodais, con especial atención aos textos académicos e dos medios de comunicación, recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, para formarse opinión e para ampliar as posibilidades de gozo e lecer. (Descritores operativos: CCL2, CP2, STEM1, CD2, CD3, CPSAA4, CC3)

OBX3. Producir textos orais e multimodais, con atención preferente aos de carácter académico, con rigor, fluidez, coherencia, cohesión e o rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais, como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais. (Descritores operativos: CCL1, CCL3, CCL5, CP2, STEM1, CD2, CD3, CC2)

OBX4. Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura con especial atención a textos académicos e dos medios de comunicación, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, integrando a información explícita e realizando as inferencias necesarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade, para dar resposta a necesidades comunicativas para construír coñecemento. (Descritores operativos: CCL2, CCL3, CCL5, CP2, STEM4, CD1, CPSAA4, CC3)

OBX5. Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos, con especial atención aos xéneros discursivos do ámbito académico, para construír coñecemento e dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas. (Descritores operativos: CCL1, CCL3, CCL5, STEM1, CD2, CD3, CPSAA5, CC2)

OBX6. Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala, cun punto de vista crítico e persoal á vez que respectuoso coa propiedade intelectual, especialmente no marco da realización de traballos de investigación sobre temas do currículo ou vinculados ás obras literarias lidas. (Descritores operativos: CCL3, CD1, CD2, CD3, CD4, CPSAA4, CC2, CE3)

OBX7. Seleccionar e ler de maneira autónoma obras relevantes da literatura contemporánea como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que se enriqueza progresivamente en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras, e partillar experiencias lectoras para construír a propia identidade lectora e gozar da dimensión social da lectura. (Descritores operativos: CCL1, CCL4, CD3, CPSAA1, CCEC2, CCEC3.1, CCEC3.2)

OBX9. Consolidar e afondar no coñecemento explícito e sistemático sobre a estrutura da lingua e os seus usos, e reflexionar de maneira autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía adecuada, para desenvolver a conciencia lingüística, para aumentar o repertorio comunicativo e para mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita como de comprensión e interpretación crítica. (Descritores operativos: CCL1, CCL2, CP2, STEM1, STEM2)

Criterios de avaliación

CA1.1 Recoñecer e valorar as linguas da Península Ibérica e as variedades dialectais do galego, contrastando de maneira explícita e coa metalinguaxe apropiada aspectos lingüísticos e discursivos destas linguas en manifestacións orais, escritas e multimodais, diferenciando os trazos de lingua que responden á diversidade dialectal dos que se corresponden con sociolectos ou rexistros. (OBX1)

CA1.2 Cuestionar e refutar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal, atendendo á diversidade de normas cultas e estándares que se dan nunha mesma lingua, así como analizando e valorando a relevancia actual dos medios de comunicación e das redes sociais nos procesos de normalización lingüística. (OBX1)

CA1.3 Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos de poder a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas. (OBX10)

CA1.4 Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e a procura de consensos tanto no ámbito persoal como no educativo e social. (OBX10)

CA2.1  Identificar o sentido global, a estrutura, a información relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais especializados propios de diferentes ámbitos analizando a interacción entre os diferentes códigos. (OBX2)

CA2.2  Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais especializados avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. (OBX2)

CA2.3  Realizar exposicións e argumentacións orais formais extensas e nas que se recollan diferentes puntos de vista, con diferente grao de planificación sobre temas de interese científico e cultural e de relevancia académica e social axustándose ás convencións propias de cada xénero discursivo e facelo con fluidez, rigor, coherencia, cohesión e o rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais. (OBX3)

CA2.4  Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais (formais e informais) e no traballo en equipo con actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e cortesía lingüística. (OBX3)

CA2.5  Elaborar textos académicos coherentes,  cohesionados e co rexistro adecuado arredor de temas curriculares ou de interese social e cultural, precedidos dun proceso de planificación que atenda á situación comunicativa, destinatario, propósito e canle, e de redacción e revisión de borradores entre iguais ou utilizando outros instrumentos de consulta. (OBX4)

CA2.6  Incorporar procedementos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical. (OBX4)

CA2.7 (CA2.1) Identificar o sentido global, a estrutura, a información relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais especializados, con especial atención a textos académicos e dos medios de comunicación, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura. (OBX5)

CA2.8  (CA2.2) Valorar criticamente o contido e a forma de textos especializados avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados. (OBX5)

CA2.9  Elaborar traballos de investigación de maneira autónoma, en diferentes soportes, sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social que impliquen localizar, seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes, con especial atención á xestión do seu almacenamento e recuperación, así como á avaliación da súa fiabilidade e pertinencia; organizala e integrala en esquemas propios; e reelaborala e comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista crítico e respectuoso coa propiedade intelectual. (OBX6)

CA2.10  Avaliar a veracidade de noticias e informacións, con especial atención ás redes sociais e outros contornos dixitais, seguindo pautas de análises, contraste e verificación, facendo uso da ferramenta adecuada e mantendo unha actitude crítica fronte aos posibles nesgos da información. (OBX6)

CA3.3  Elixir e ler de maneira autónoma obras relevantes que se relacionen coas propostas de lectura guiada, incluíndo o ensaio literario e obras actuais que establezan conexións coa tradición, e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural mediante a explicación argumentada dos criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e da experiencia de lectura. (OBX7)

CA3.8  Identificar e evitar os usos discriminatorios da lingua, os abusos de poder a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e a análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas. (OBX10)

CA4.2  Revisar os propios textos e facer propostas de mellora argumentando os cambios a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica, e identificar e solucionar problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso. (OBX9)

CA4.3  Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica. (OBX9)

CA4.4  Elaborar e presentar os resultados de pequenos proxectos de investigación sobre aspectos relevantes do funcionamento da lingua, formulando hipóteses e establecendo xeneralizacións, utilizando os conceptos e a terminoloxía lingüística adecuada e consultando de maneira autónoma dicionarios, manuais e gramáticas en soporte analóxico e dixital. (OBX9)

Descritores competenciais

CCL1 - Exprésase de xeito oral, escrito, signado ou multimodal con fluidez, coherencia, corrección e adecuación aos diferentes contextos sociais e académicos, e participa en interaccións comunicativas con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para intercambiar información, crear coñecemento e argumentar as súas opinións como para establecer e coidar as súas relacións interpersoais.

CCL2 - Comprende, interpreta e valora con actitude crítica textos orais, escritos, signados ou multimodais dos distintos ámbitos, con especial énfase nos textos académicos e dos medios de comunicación, para participar en diferentes contextos de maneira activa e informada, e para construír coñecemento.

CCL3 - Localiza, selecciona e contrasta de xeito autónomo información procedente de diferentes fontes avaliando a súa fiabilidade e a súa pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e intégraa e transfórmaa en coñecemento para a comunicar de maneira clara e rigorosa adoptando un punto de vista creativo e crítico, á par que respectuoso coa propiedade intelectual.

CCL5 - Pon as súas prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, evitando e rexeitando os usos discriminatorios, así como os abusos de poder, para favorecer a utilización non só eficaz senón tamén ética dos sistemas de comunicación.

CP2 - A partir das súas experiencias, desenvolve estratexias que lle permitan ampliar e enriquecer de forma sistemática o seu repertorio lingüístico individual co fin de se comunicar de xeito eficaz.

CP3 - Coñece e valora criticamente a diversidade lingüística e cultural presente na sociedade, integrándoa no seu desenvolvemento persoal e antepondo a comprensión mutua como característica central da comunicación, para fomentar a cohesión social.

STEM1 - Selecciona e utiliza métodos indutivos e dedutivos propios do razoamento matemático en situacións propias da modalidade elixida e emprega estratexias variadas para a resolución de problemas, analizando criticamente as solucións e reformulando o procedemento, en caso necesario.

STEM2 - Utiliza o pensamento científico para entender e explicar fenómenos relacionados coa modalidade elixida, confiando no coñecemento como motor de desenvolvemento, formulándose hipóteses e contrastándoas ou comprobándoas mediante a observación, a experimentación e a investigación, utilizando ferramentas e instrumentos adecuados, apreciando a importancia da precisión e a veracidade, e amosando unha actitude crítica acerca do alcance e das limitacións dos métodos empregados.

STEM4 - Interpreta e transmite os elementos máis relevantes de investigacións de forma clara e precisa, en diferentes formatos (gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas e símbolos), aproveitando a cultura dixital con ética e responsabilidade e valorando de xeito crítico a contribución da ciencia e da tecnoloxía no cambio das condicións de vida, para compartir e construír novos coñecementos.

CD1 - Realiza procuras avanzadas comprendendo como funcionan os motores de procura en internet, aplicando criterios de validez, calidade, actualidade e fiabilidade, seleccionando os resultados de maneira crítica e organizando o almacenamento da información adecuadamente e con seguridade, para a referenciar e a reutilizar posteriormente.

CD2 - Crea, integra e reelabora contidos dixitais de forma individual ou colectiva, aplicando medidas de seguridade e respectando sempre os dereitos de autoría dixital, para ampliar os seus recursos e xerar novo coñecemento.

CD3 - Selecciona, configura e utiliza dispositivos dixitais, ferramentas, aplicacións e servizos en liña, e incorpóraos na súa contorna persoal de aprendizaxe dixital, para se comunicar, traballar colaborativamente e compartir información, xestionando de maneira responsable as súas accións, a presenza e a visibilidade na rede, e exercendo unha cidadanía dixital activa, cívica e reflexiva.

CD4 - Avalía riscos e aplica medidas ao usar as tecnoloxías dixitais para protexer os dispositivos, os datos persoais, a saúde e o ambiente, e fai un uso crítico, legal, seguro, saudable e sustentable desas tecnoloxías.

CPSAA3.1 - Amosa sensibilidade cara ás emocións e as experiencias das demais persoas, sendo consciente da influencia que exerce o grupo nas persoas, para consolidar unha personalidade empática e independente e desenvolver a súa intelixencia.

CPSAA4 - Compara, analiza, avalía e sintetiza datos, información e ideas dos medios de comunicación, para obter conclusións lóxicas de forma autónoma, valorando a fiabilidade das fontes.

CPSAA5 - Planifica a longo prazo avaliando os propósitos e os procesos da construción do coñecemento, relacionando os campos deste para desenvolver procesos autorregulados de aprendizaxe que lle permitan transmitir ese coñecemento, propor ideas creativas e resolver problemas con autonomía.

CC1 - Analiza feitos, normas e ideas relativas á dimensión social, histórica, cívica e moral da súa propia identidade, para contribuír á consolidación da súa madureza persoal e social, adquirir unha conciencia cidadá e responsable, desenvolver a autonomía e o espírito crítico, e establecer unha interacción pacífica e respectuosa coas demais persoas e coa contorna.

CC2 - Recoñece, analiza e aplica en diversos contextos, de forma crítica e consecuente, os principios, os ideais e os valores relativos ao proceso de integración europea, a Constitución española, os dereitos humanos e a historia e o patrimonio cultural propios, á vez que participa en todo tipo de actividades grupais cunha actitude fundamentada nos principios e nos procedementos democráticos, o compromiso ético coa igualdade, a cohesión social, o desenvolvemento sustentable e o logro da cidadanía mundial.

CC3 - Adopta un xuízo propio e argumentado ante problemas éticos e filosóficos fundamentais e de actualidade, afrontando con actitude dialogante a pluralidade de valores, crenzas e ideas, rexeitando todo tipo de discriminación e violencia, e promovendo activamente a igualdade e a corresponsabilidade efectiva entre mulleres e homes.

CE3 - Leva a cabo o proceso de creación de ideas e solucións anovadoras e toma decisións, con sentido crítico e ético, aplicando coñecementos técnicos específicos e estratexias áxiles de planificación e xestión de proxectos, e reflexiona sobre o proceso realizado e o resultado obtido, para elaborar un prototipo final de valor para as demais persoas, considerando a experiencia tanto de éxito como de fracaso unha oportunidade para aprender.

CCEC1 - Reflexiona, promove e valora criticamente o patrimonio cultural e artístico de calquera época, contrastando as súas singularidades e partindo da súa propia identidade, para defender a liberdade de expresión, a igualdade e o enriquecemento inherente á diversidade.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)