Saltar navegación

Produto Final

Reportaxe. Somos diverSOS

O produto final da SA4 consiste na creación dun documento audiovisual que deberá xirar arredor da pregunta que nos faciamos ao inicio: E ti como falas? 

PASOS A SEGUIR:

  1. Deberás preparar unha entrevista servíndote dos contidos traballados na SA (Como falas?, Usas variedades propias de Rianxo?, Que opinas do galego que falas?, Cal cres que é o "bo galego"?, Que opinas da normativa oficial?...)
  2. Deberás analizar a lingua usada pola persoa entrevistada, servíndote das tarefas realizadas ao longo da SA, e comentala na túa reportaxe.
  3. Terás que engadir unha reflexión como peche da reportaxe arredor dos perigos que rodean a diversidade lingüística e cultural.

Entre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS), adoptados polas Nacións Unidas en 2015, non se atopa a defensa da Diversidade lingüistica e cultural, polo que ese obxectivo non recoñecido, será o OBX 18, o protagonista desta SA.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)