Elabora un comentario dialectal e lingüístico do texto que se achega.
Tendo en conta todas as tarefas realizadas ao longo da secuencia didáctica, toca agora recoller os froitos dese traballo e aplicar o aprendido nesta tarefa final, comentando o seguinte texto desde unha perspectiva dialectal e lingüística.
O vrau pasado veu de vacaciois o fillo de Aurora do Pico, Pascual. O Pascual é destes rapaces de agora, moderno, pasota.
Unha mañá díxolle súa avoa: “Oi, Pascualín, vaille botar unha presada de verzas ós cochos”. “Paso Tata, eso es un mal
rollo” (...) Pola tardiña arriba, o Pascual ergueuse de debaixo da figueira que hai tras da casa e foi ata a cociña. “Tata, tengo
hambre: vete a buscarme un chourizo de eses guai que tienes en el horro”. A avoa mirouol con muita cachaza mentras
abaneaba a cabeza (...) e espetoulle: “Sabes que che digo, pavilón? Que paso... E tu segue a pasar... fame”.
Toño Núñez, “O passsota”, Navia, nai (2005)
PASOS A SEGUIR:
- Revisa todas as actividades realizadas e os documentos dos que te serviches ao longo desta SA.
- Comeza por elaborar un comentario que recolla, no primeiro parágrafo, a análise dialectal do texto.
- Continúa, no segundo parágrafo, coa análise lingüística a partir da identificación dos desvíos normativos.
- Exemplifica toas as túas afirmacións con citas do propio texto.
- Escribe o teu comentario respectando as propiedades textuais, con corrección lingüística e precisión léxica.
CRITERIOS DE CORRECCIÓN:
- Análise dialectal do texto, exemplificada. (1 punto)
- Análise lingüística a partir da identificación dos desvíos normativos, exemplificada. (1 punto)
- Expresión adecuada, coherente, cohesionada, correcta e precisa. (0.5 puntos)