TÍTULO | DiverSOS |
ETAPA | 2º Bacharelato. Áreas Lingüísticas. (CCL, CP, CC, CCEC) |
TEMPORALIZACIÓN | 3º trimestre (12 sesións lectivas) |
DESCRICIÓN |
Tendo como perspectiva a celebración do 17 de maio, por un lado por ser o Día das Letras Galegas e por outro lado por ser o Día Internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia, esta Situación de Aprendizaxe (SA) dá inicio ao terceiro trimestre do curso e busca reforzar a idea de que somos DiverSOS, pero a nosa diversidade está ameazada pola uniformidade da globalización. No caso das linguas, a través da imposición das hexemónicas, especialmente o inglés e no noso caso ademais o español. Para chegar a esa conclusión o alumnado deberá responder á pregunta "E ti como falas?" a través dunha pequena reportaxe. Esta SA xira arredor da necesidade de preservar a variedade lingüística e a diversidade cultural asociada ao multilingüismo, para o que é preciso derrubar prexuízos e construír unha conciencia lingüística que xere actitudes e comportamentos normalizadores daquilo que está invisibilizado e minorizado, pois os aspectos lingüísticos irán da man doutros aspectos sociais como a necesidade de respectar a diversidade sexual e de xénero. Ademais, esta SA ten como fin reclamar o ODS 18, que pretende reivindicar e garantizar a presenza e o recoñecemento de todas as linguas e culturas na Axenda 2030 para o desenvolvemento das persoas e das sociedades. As competencias en cuxo desenvolvemento se incidirá especialmente son a CCL, CP, CC e CCEC. |
SECUENCIA DIDÁCTICA |
|
PRODUTO FINAL |
Actividade autónoma. A través desta actividade o alumnado responderá á pregunta inicial E ti como falas?, realizando unha pequena reportaxe con entrevistas a persoas da súa contorna, para descubrir os prexuízos arredor da normativa oficial e para inferir a variedade dialectal das persoas entrevistadas co obxectivo de concluír que somos DiverSOS. |
PROBA |
Proba. Ao final da SA, o alumnado deberá confeccionar e realizar unha proba, como tarefa de reforzo. Dúas son as finalidades que persegue esta tarefa: 1. Reforzar as destrezas e os saberes adquiridos ao longo da situación de aprendizaxe, para mellorar o desenvolvemento competencial, especialmente o referido á CCL. 2. Practicar o modelo de proba PAU (neste caso das preguntas 2 e 3). |
DiverSOS
Presentación
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial 4.0