Orgullosos do galego fale como se fale
Mozos de Ribadeo e o Barbanza presumen das peculiaridades da súa fala fronte e critican aos que se rin deles por non pronunciar como na norma oficial.
Por Galicia Confidencial | Rianxo / Ribadeo | 10/11/2014 |
O debate sobre as diferentes variantes do galego implica aos máis novos a través da Rede. Así o demostra os recentes vídeos producidos por rapaces de Ribadeo e do Barbanza.
O primeiro, Ghalegho, foi elaborado por unha estudante de xornalismo de Rianxo, criticaba os problemas que sofren os galegofalantes que empregan a gheada ou o seseo, dúas características da lingua en moitas zonas costeiras. Nese vídeo unha moza contaba como tivo problemas por falar así en Ribadeo.
De seguido, un grupo de estudantes do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo respondeu con outro filme. Nel os mozos deixan claro que non están en contra de ningunha variante, e de feito, presumen das súas propias peculiaridades na pronuncia e no léxico. E é que "a nosoutros gústanos o galego con todas as variantes. Estamos orgullosos do galego".