Saltar navegación

SECUENCIA DIDÁCTICA

  

Obxectivo xeral: Crear conciencia lingüística galega

Conciencia lingüística galega: Conxunto de actitudes do falante a respecto da súa lingua, valoración que fai sobre ela. Forma parte, polo tanto, da identidade do falante e maniféstase en todos os aspectos da vida: cultura, política, relacións interpersoais... Confórmase pola visión persoal que o falante ten da propia lingua e do que ela representa na sociedade. Adquírese, ao igual que outro tipo de actitudes e coñecementos, a través da transmisión interxeracional das familias, do ensino ou do contacto coas diferentes manifestacións políticas e culturais da sociedade.

FONTE: Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega

PREGUNTAS arredor de saberes previos

Pregunta

PREGUNTA 1. As linguas non son entidades uniformes. Cando nos referimos ao idioma o galego (ou ao castelán ou ao francés...), en realidade estamos realizando unha abstracción de todas as variedades que compoñen esa realidade. Dentro dunha lingua podemos distinguir catro tipos de variedades diferentes:

Respostas

As diacrónicas ou históricas, aquelas que presenta ao longo da súa evolución no tempo; as dialectais, xeográficas ou diatópicas, aquelas que presenta ao longo do seu territorio; as diastráticas, aquelas que dependen do nivel de coñecemento da lingua dos diversos falantes, e as diafásicas ou contextuais (rexistros lingüísticos), aquelas que están condicionadas polo contexto comunicativo.

As diacrónicas ou xeográficas, aquelas que presenta ao longo da súa evolución no tempo; as dialectais e as diatópicas, aquelas que presenta ao longo do seu territorio; as diastráticas e as diafásicas, aquelas que dependen do nivel de coñecemento da lingua dos diversos falantes.

Pregunta

PREGUNTA 2. Sinala a que Bloque dialectal do galego  pertencen as seguintes características:
  • Vén definido pola formación de plurais con ditongo das palabras rematadas por vogal seguida de n (canciois, cais, refeis).
  • Ademais, presenta características bastante singulares, como:
    • a redución do grupo -aix- a -ax- (baxo, caxa),
    • o mantemento dos grupos latinos QUA e GUA (cuando, guarda),
    • a presenza do pronome tu,
    • o emprego do diminutivo -ín (momentín) e
    • a existencia das formas con u procedentes dos grupos latinos ULT e UCT (muito, muto ou mutio; truita, truta ou trutia).

Respostas

Bloque oriental

Bloque central

Pregunta

PREGUNTA 3. Entre as variedades xeográficas ou diatópicas diferenciamos:

Respostas

Bloque Occidental, Bloque Central e Bloque Oriental.

Bloque Occidental, Bloque Meridional e Bloque Oriental.

Pregunta

PREGUNTA 4. Entre as variedades diastráticas distinguimos:

Respostas

Nivel culto, nivel popular e nivel vulgar.

Nivel culto, nivel formal, nivel popular e nivel vulgar.

Pregunta

PREGUNTA 5. Entre as variedades diafásicas diferenciamos:

Respostas

Rexitro formal e rexistro coloquial.

Rexitro formal, rexistro culto e rexistro coloquial.

Pregunta

PREGUNTA 6. Sinala se a seguinte afirmación é verdadeira ou falsa:

Desde un punto de vista histórico, son dialectos todas aquelas variedades lingüísticas que proceden da fragmentación dun sistema lingüístico anterior. Por tanto, pódese afirmar desde esta perspectiva que, por exemplo, italiano, francés, castelán, galego, asturiano, aragonés, catalán, etc. son dialectos do latín, e non hai, partindo dunha óptica estritamente lingüística, diferenzas xerárquicas entre elas.

Respostas

Verdadeira

Falsa

Pregunta

Pregunta 7. Cando se fala de dialecto, segundo un punto de vista xeográfico?

Respostas

Cando existe unha variedade interna ben caracterizada dentro dun sistema lingüístico determinado. Así, fálase, por exemplo, do bernés ou do zuriqués, como dialectos do alemán na Suíza; ou do cubano, do arxentino, do andaluz ou do estremeño como dialectos do castelán nos seus respectivos territorios. A consideración dunha destas variedades xeográficas (tamén denominadas diatópicas ou dialectais) como dialecto require que presente unha grande unidade e que a súa singularidade se reflicta na existencia de importantes trazos lingüísticos específicos que a distingan do resto do territorio lingüístico.

Cando unha lingua presenta variedades xeográficas de maior ou menor importancia, denomínanse fala, zona lingüística, área lingüística ou bloque lingüístico.

Pregunta

Pregunta 8. Sinala se a seguinte afirmación é verdadeira ou falsa:

No caso do galego, a pesar de que algunha das primeiras clasificacións dialectais empregaba este termo (a de Saco e Arce, en 1868), non é apropiado falar de dialectos para referírmonos ás súas variedades dialectais. En contra dunha certa crenza popular de que se encontra moi fragmentado xeograficamente, pódese afirmar que hoxe por hoxe, o galego presenta unha unidade maior que a maioría das linguas. As diferenzas existentes entre unhas zonas e outras non van máis alá dalgúns trazos fonolóxicos (gheada, seseo e pouco máis), morfolóxicos (sobre todo na conxugación verbal e nos pronomes) e léxicos, de non demasiada relevancia, que pasamos a analizar no punto seguinte. Por tanto, son preferíbeis denominacións como as empregadas por Carvalho Calero (modalidades de lingua) ou por Fernández Rei (bloques e áreas lingüísticas).

Respostas

Verdadeira

Falsa

Pregunta

Pregunta 9. Sinala a que Bloque dialectal do galego  pertencen as seguintes características:

  • Está delimitado pola isoglosa cans / cas, que o separa do bloque central.
  • A súa característica principal é a formación de plural regular das palabras rematadas en vogal seguida de n (cancións, cans, reféns...).
  • Outra característica importante é a terminación -án tanto para substantivos masculinos como para os femininos (o irmán, a irmán, a mañán, a mazán).
  • En todo o bloque existe gheada e en case todo el hai seseo, que é total nas zonas costeiras e implosivo nas zonas do interior. Con excepción dunha pequena área do sur (a subárea do Miño), emprégase o pronome de suxeito ti.

Respostas

Bloque occidental

Bloque oriental

Pregunta

Pregunta 10. Sinala a que Bloque dialectal do galego  pertencen as seguintes características:

  • A súa principal característica é a formación de plural das palabras rematadas en vogal seguida de n coa perda desta consoante (canciós, cas, refés).
  • En todo o bloque distínguese a terminación masculina -ao fronte á de feminino -á (o irmao, a irmá, o chao, o tabao) e empréganse sempre ditongos -oi- para as formas procedentes dos grupos latinos ULT, OCT, UCT e ORIU (moito, noite, troita, coiro).
  • Na maior parte das falas centrais hai gheada, pero só unha pequena franxa presenta seseo implosivo.

Respostas

Bloque central

Bloque occidental

Habilitar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova ventá)