Saltar navegación

PROBA

TAREFA DE REFORZO

Cando esteamos a piques de finalizar a situación de aprendizaxe, deberás deseñar e entregar a "Proba" coa que che gustaría que a docente avaliase o teu grao de consecución dos obxectivos desta SA1. Deberás confeccionala ao longo do mes, durante o proceso de realización das tarefas de cada unha das secuencias didácticas que configuran a SA1 e deberás cumprir con estes requisitos:

  1. Só poderás incorporar á mesma preguntas relacionadas coas tarefas realizadas. 
  2. Seguirás o modelo PAU para LGL que se atopa na páxina web da CIUG.
  3. Deberá poder realizarse en 50 minutos.
  4. Entregarala o 26-27 de abril.

A docente escollerá a que considere máis adecuada, de entre todas as presentadas. E esa será a "Proba de avaliación" correspondente á SA4, que todo o alumnado deberá realizar na aula o  28 de abril.

Dúas son as finalidades que persegue esta tarefa:

  1. Reforzar as destrezas e os saberes adquiridos ao longo da situación de aprendizaxe, para mellorar o desenvolvemento competencial, especialmente o referido á CCL.
  2. Practicar o modelo de proba PAU.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)